Skip to Content

Responder ó comentario

Comunicación Importante

 

Estimadas familias:  

Como en anteriores ocasións, as primeiras liñas levan sempre as nosas apertas e os nosos ánimos, desexando que toda a comunidade do CEIP Vistahermosa se atope nas mellores condicións posibles dentro da anómala situación que todos estamos a vivir.

Como xa saberán, dende a comparecencia da Ministra de Educación o pasado mércores, día 15 de abril, tanto os medios de comunicación como as redes sociais, convertéronse nun fervedoiro de informacións, contrainformacións e novas, cunha veracidade non contrastada e que, lonxe de aclarar a situación, non fixeron máis que engadir incerteza e intranquilidade sobre toda a comunidade escolar.

Tendo en conta o anterior, a dirección deste centro acordou co resto do claustro, no contribuír ao desconcerto evitando publicar ningún tipo de información ata contar cun comunicado oficial da Consellería de educación da Xunta de Galicia.

  Onte pola tarde, a Xunta enviounos unhas ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.

Tendo en conta que falamos aínda de algo provisional NON as publicaremos ata que a Xunta as transforme en definitivas para procurar evitar confusións, malas interpretacións e ter que engadir, posteriormente, hipotéticos cambios a nivel estatal.

Na vindeira semana recibiremos as indicacións precisas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional as cales lles faremos chegar urxentemente.

 Noutro orden de cousas, tamén lles informamos que xunto co  Concello de Ourense estamos artellando a posibilidade de facer unha entrega do material escolar que os alumnos puideran ter deixado nas aulas antes do seu peche. Dita posibilidade, de momento no é factible, debido á imposición do estado de confinamento actual e a inseguridade sanitaria que conlevaría. No momento en que contemos co amparo legal e a autorización das autoridades competentes serán convenientemente informados.

 

Recibide das mestras e mestres as nosas máis sinceras apertas.

 

TODO VAI SAÍR BEN!

 

Responder



by Dr. Radut