Skip to Content

Responder ó comentario

salial

mes da cienciaNOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Na clase de 5º estudamos a clasificación de seres vivos en 5 reinos. Observamos seres unicelulares que viven nunha gota de auga encharcada protozoos e algas.

E Tamén os fungos, vivimos rodeados de fungos, seres vivos descompoñedores. Usámolos na fabricación de alimentos, como alimento, na preparación de antibióticos. Hainos parasitos, velenosos ou que provocan enfermidades ou destrución de colleitas.

Ante tanta variedade fixémonos unha idea da importancia dos fungos nas nosas vidas e na biosfera e o alumnado trouxo á clase mofos, liques... para observalos.

Delia R. sorprendeunos co seu mofo. Trouxo queixo azul, un alimento que está feito cun tipo de fungo. Moitos rapaces non o coñecían nin o uliran e varios non o probaran nunca.

Despois de asegurarnos que non había alerxias alimentarias, fixemos unha cata de queixo. Puxemos todos os nosos sentidos a proba. Non todos quixeron probar, pero si cheirar e ver a cor e a textura. As  fotos mostran o éxito da experiencia...

Delia trouxo tamén unhas rebandas de pan para facer uns pinchiños ben saborosos.cata de queixo azul

Investigamos e descubrimos que o queixo azul faise grazas ao mofo Penicillium roqueforti que pertence a unha variedade de mofo, do que se obtén o antibiótico penicilina. 

A diferenza doutros mofos este non é perigoso para o ser humano, a industria alimentaria emprégao dende hai varios séculos para producir queixos azuis, sendo o responsable da súa cor, olor e sabor. 

Responder



by Dr. Radut