Skip to Content

Voz Natura

DÍA DA ÁRBORE

Este ano a celebración do “Día da árbore” foi especial para a nosa clase de 6ºB.

A Concelleira do Medio Ambiente de Burela e Begoña, a monitora de Gaia, entregáronnos unha chea de aromáticas, pois foron as protagonistas das adiviñas desta semana de celebración.

Durante este tempo, investigamos e coñecemos os pequenos segredos destas plantas e descubrimos a aromática que estaba agochada: O TOMIÑO¡¡

 

Hoxe aproveitando o bo tempo primaveral, ulimos, tocamos, clasificamos e por suposto, plantamos e regamos as plantas, formando un pequeno recuncho de aromáticas.

Que ben o pasamos¡¡

Hortos urbanos

A comezos de curso mercamos uns hortos urbanos xa que o invernadoiro comeza a quedarse pequeno para tantos agricultores/as! O alumnado de 2º de Primaria estreounos plantando amorodos. Oxalá medren rápido para degustalos!

Recolleita

O noso horto escolar ecolóxico comeza a dar os seus froitos. Xa comezamos a recolleita do brócoli e da coliflor. Nas fotos podemos ver aos nenos e nenas de "3 anos A" e de "4 anos A" coas coliflores e brócolis que levaron para cociñar na casa. Bo proveito!

Elaboración de carteis

As plantas de brócoli, coliflor e repolo son moi parecidas cando son pequenas. Como aos nenos/as lles custaba diferencialas, o alumnado de 6º de Infantil (5 anos) elaborou estes carteis e o de 4º e 5º de Infantil (3 e 4 anos) colocáronos. Agora non cabe dúbida!

Distribuir contido


by Dr. Radut