Os nenos e nenas da clase da XIRAFA A plantamos cebolín, brócoli e algún chícharo no noso invernadoiro. Agora xa medraron e xa imos vendo os froitos das plantas, imos mostrárvolo.
Un ano máis as clases de 6º de Educación Infantil realizamos unha interesante actividade de plástica en colaboración cos alumn@s do Bacharelato de Artes do Monte Castelo de Burela. A experiencia resultou ser un éxito e gustounos moito o traballo conseguido.