Skip to Content

Blogue de E. Infantil

  • warning: mysql_query(): No such file or directory in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 2.
  • warning: mysql_query(): A link to the server could not be established in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 2.
  • warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 3.

castrexos

Os nen@s da clase das Xirafas A estamos estudando os Castrexos, para iso fixemos un puzle xigante dun castro. Seguimos cun xogo de pistas chamado A búsqueda do Torques, onde tiñan que atopar letras e formar a palabra "castro" . Como colofón final cada nen@ decorou o seu torques. Foi unha experiencia moi divertida.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design made with Smilebox

Vista Alegre News. As abellas

Esta vez cambiamos os papeis, o alumnado da clase da Xirafa convertéronse nos entrevistadores desta edición especial do noso programa Vista Alegre News e o alumnado de 3º A e 3º B, despois dun grande traballo de investigación, convertéronse nos expertos na materia a tratar.

Unha vez máis utilizamos a técnica de croma, facendo maxia na clase, que se convertiu nun plató de televisión con conexións en directo ao Museo da Mel, como poderedes ver no vídeo que vos achegamos a continuación:

VISITA DUNHA APICULTORA

Ola a tod@s!!

A principios deste mes de novembro recibimos a visita de Mari Fe, que é unha experta apicultora que sabe moito das abellas. Estivo no noso cole e trouxo un montón de cousiñas para acercar ese mundo a tod@s os nenos e nenas de educación infantil. Os nen@s de 3º de E. Primaria axudáronlle a poder explicarnos todas esas cousiñas porque foron dramatizando todo o que ela nos ía explicando. Resultou unha presentación moi amena que nos gustou moito a tod@s.

Moitas grazas Mari Fe por todo o que nos ensinache.

Imos mostrárvolo, esperamos que vos guste!!

 

Click to play this Smilebox slideshow
 

VISTA ALEGRE NEWS

Fai unhas semanas na ventá da clase da Xirafa B apareceu un niño de velutinas. Tras dar aviso ao 012, uns operarios viñeron retiralo, sendo o alumnado desta clase consciente en todo momento do proceso. Ante tal suceso, mestres e alumnos puxéronse a investigar sobre esta especie de vespas e tempo despois, quixeron compartir co alumnado de 3º o seu traballo. Os nenos e as nenas de 3º asistiron encantados á exposición e quedaron abraiados co moito que sabían sobre a materia.  

Por iso acordaron a creación dun programa documental entre ambos niveis. A grabación do programa realizámola hoxe. Como?

Pois o primeiro paso foi convertir a clase nun plató de televisión coa técnica croma, é dicir, como fan na tele, utilizando unha saba verde e facendo maxia!!

Como en calquera programa necesitabamos organizarnos: xornalistas e entrevistados, as preguntas que se farían, as respostas que se darían... e moito silencio e concentración!

Aquí tedes o resultado final, un programa especial adicado ás vespas velutinas que chamamos VISTA ALEGRE NEWS e que agardamos vos guste, porque seguro que repetiremos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut