Skip to Content

Principios Educativos

Principios Educativos

Principios Educativos.
Principios que rixen o noso colexio.

 

1.-PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS:

Defendemos unha escola democrática que asegure unha convivencia libre e pacífica, que teña en conta a diversidade de toda a comunidade educativa. Polo tanto fomentaremos unha educación baseada nuns valores, actitudes e normas, formando cidadáns democráticos, comprometidos, prácticos, activos e críticos.

2.- INTEGRACIÓN

Fomentamos un modelo de ensino aprendizaxe baseado no principio de integración e de individualización, atendendo a tódolos ámbitos de desenvolvemento do alumno/a e considerando as súas características persoais.
Esto traduciríase nunha escola comprensiva que recoñeza a diversidade da súa poboación escolar, actuando como axente compensador das desigualdades, dándolles resposta mediante a igualdade de oportunidades, ofrecendo a cada un o que necesita.

3.-SOLIDARIEDADE

Pretendemos unha escola que desenvolva hábitos e actitudes solidarias, en calquera tema, ensinando a respetar ós demais, a compartir, a traballar en equipo organizando grupos heteroxéneos e potenciando unha aprendizaxe cooperativa.

4.-XUSTIZA

Intentamos que os alumnos, resolvan os conflictos utilizando técnicas de resolución non violentas.

5.-TOLERANCIA

Queremos que os nosos alumnos adquiran actitudes, coñecementos e destrezas necesarias para funcionar eficazmente nunha sociedade democrática e pluralista, capaces de rexeitar todo tipo de discriminación por razón de sexo, raza, ideoloxía, lingua,...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut