Skip to Content

ANPA

PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DIRECTIVO DA ANPA DO CEIP PLURINLÍNGÜE VISTA ALEGRE

 

O doce de setembro comezará un novo curso escolar e xunto a el, comezará a andadura dun novo equipo directivo da ANPA cuxa elección se levou a cabo a finais do curso pasado. Dende este post queremos facer unha presentación oficial deste novo equipo que, cheo de ilusións e forzas renovadas, pretende levar a cabo un novo proxecto educativo integrador ao servizo d@s nos@s nen@s apoiando ao noso centro educativo. Esta nova directiva estará integrada por:

Presidente:Bruno González Rico Vicepresidenta: Cristina Carral Maceiras
Secretaria: Emma Lizbeth Rojas Malca
Tesoureira: Yolanda Baamonde García
Vogais: Alicia Canel Pérez
Mª Alejandra Cambeiro Urioste

Deste xeito, recollemos a testemuña da antiga directiva da ANPA:
Maria Fontenla Bregua, Sonia Fraga Seara, MªAlejandra Cambeiro Urioste, Verónica Villamil Fernández, Bruno González Rico e Mª Jose Ramil Diaz.
Aproveitamos para agradecerlles sinceramente toda a labor realizada, o tempo dedicado e os logros alcanzados nestes últimos anos. Dende aquí, moitas grazas por todo e agardamos poder seguir contando con vós e coa vosa inestimable axuda e experiencia.

Por último, gustaríanos engadir que, ante calquera dúbida ou consulta podédesnos atopar na seguinte dirección de correo electrónico (anpa.ceipvistaalegre.burela@gmail.com) na páxina do facebook (ANPA CEIP Vista Alegre) ou no buzón da ANPA que esta na entrada do colexio.
Sen máis, desexándovos un bo inicio de curso, quedamos á vosa disposición.

Un saúdo cordial. O equipo directivo.

ANPA 2015/2016

A ANPA traballa ao longo do ano para conseguir xunto coa Dirección do centro un correcto funcionamento do mesmo, adicando ademáis esforzos a acadar a satisfacción do alumnado no ámbito escolar e nas actividades e celebracións.

Sabemos que non sempre conseguimos facer chegar a información do traballo e da xestión económica que levamos a cabo, así que aproveitamos a oportunidade para dar a coñecer as actividades nas que a ANPA está implicada na actualidade:

 

1. TRANSPORTE: a ANPA traballa cada ano velando polo correcto funcionamento deste servizo a un prezo asequible.

2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: a ANPA organiza actividades extraescolares e traballa continuamente para mellorar o prezo das mesmas.

3. COMPRA DE LIBROS DE INFANTIL: traballamos na compra en grupo dos libros de infantil a un prezo reducido.

4. ACTIVIDADES E CELEBRACIÓNS DO CENTRO: ademáis do apoio loxístico para a organización das actividades en coordinación coa Dirección do centro, a ANPA apoia economicamente as seguintes actividades:

• MAGOSTO - A ANPA paga o total do importe das castañas e bebida para todo o alumnado e familias que asisten ao magosto.

• NADAL - A ANPA paga o total do importe dos roscóns e bebida cos que se convida a todo o alumnado do cole. Tamén se compran en coordinación coa Dirección os pequenos agasallos que os reis entregan aos nenos.

• ANTROIDO - A ANPA paga o importe das bebidas da festa.

• FESTA FIN DE CURSO - A ANPA paga a totalidade da festa: hinchables, globoflexia, xogos tradicionais,actuacións,churros etc... con participación aberta a todos os nenos do cole. Todo isto grazas ás aportacións d@s soci@s (20€/ano/familia), ás aportacións económicas de ALCOA a través d@s nos@s voluntari@s, aos que facemos chegar o agradecemento de toda a comunidade educativa, e ás subvencións oficiais que vamos conseguindo...., pero queremos facer máis. Por iso, se aínda non o es, FAITE SOCI@, axúdanos a traballar polo teu fillo/a.

Autobús Escolar 2016/2017

Como os pasados anos, a ANPA do CEIP Vista Alegre ofrece o servizo de transporte escolar a través da empresa de Autobuses Morán.

Para obter máis información ou apuntarse como usuari@s do servizo, deberán falar directamente coa coidadora, Begoña, que acompaña aos nenos e nenas nas respectivas paradas.

Os prezos deste servizo para o presente curso escolar serán os seguintes:

 

 

Setembro e Xuño: 26€-mes (soci@s)/ 30€-mes (non soci@s).

irmans completo: 26€-mes (soci@s)/ 30€-mes (non soci@s).

irmans media viaxe: 16€-mes (soci@s)/20€-mes (non soci@s).

-------------------------------------------------------------------------------------

O resto de meses: 36€-mes (soci@s)  / 45€-mes ( non soci@s). 

Medio recorrido: 26€-mes(soci@s) /30€-mes (non soci@s).

irmáns redúcese a: 31€-persona-mes.(socio@s)35€-persona-mes(non soci@s).

irmáns media viaxe:26€-persona-mes.(socio@s)30€-persona-mes(non soci@s).

Distribuir contido


by Dr. Radut