Skip to Content

Dinamización TIC

Videotitorial de Symbaloo en galego

Cómo crear un Symbaloo (Webmix)

A través deste vídeo titorial poderás aprender facilmente o uso desta ferramenta.

 

abalarMóbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Pasos a seguir para poder utilizar a aplicación abalarMóbil

1.      Descargar a aplicación. A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

2.      Realizar o rexistro.

3.      Unha vez autenticado coa contrasinal xa pode facer algún tipo de consulta:

 

Tipos de consultas:

Datos do alumnado.
Cualificacións (Notas).
Avisos e notificacións a grupos, por parte dos docentes ou equipo directivo.
Incidencia. Solo se envían de xeito individual.
Peticións de titoría. Sempre que o docente teña activada esta función, esta farase cunha semana de antelación.

Premer na imaxe para a descarga do manual de usuario 

Outros enlaces de interés.

Comunicación de incidencias:

UAC (Unidade de atención a centros): 881 99 77 01

 

Somos Centro ABALAR

Xa somos Centro ABALAR

Na pasada convocatoria que a Consellería de Educación publicou para a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar, fomos seleccionados para formar parte e, a partir deste curso 2012-13, xa estamos adscritos á Rede Abalar.

Selección de novos centros adscritos

Que é un centro Abalar?

Dende este curso o noso centro pasa a formar parte dun programa desenvolvido pola Consellería de Educación que contempla a dotación de miniportátiles para o alumnado do 3º Ciclo, wifi de alta velocidade, un EDI e  un portátil para o profesor.

Este curso iniciamos a experiencia no grupo de 5º curso de Ed. Primaria.

O proxecto Abalar tamén contempla a participación directa de nais e pais no apartado específico do  Espazo Abalar

 

Presentación do proxecto ABALAR



 

Distribuir contido


by Dr. Radut