Skip to Content

Dinamización TIC

24 de febreiro: conmemoración do "Día de Rosalía".

   O alumnado de 6º curso, durante a semana do 20 ao 24 de febreiro e dentro da conmemoración do "Día de Rosalía" fará unha actividade (WebQuest) a maiores daquelas xa previstas a nivel de centro. Trátase dunha presentación dixital empregando ferramentas TICS sobre a obra inédita da poetisa, que recentemente (2014) nos deu a coñecer a RAG, e que derivará tamén en dous murais que se exporán nas instalacións comúns do noso centro. Nun amosaranse os poemas descubertos e noutro  recolleranse algunhas das mostras das repercusións que reflectiron os medios de comunicación e o mundo da cultura, en xeral.

Save

Internet Seguro

NAVEGACIÓN SEGURA POR INTERNET

Hoxe, día 7 de febreiro celébrase o Día internacional da Internet Segura. Mediante iniciativas coma esta, preténdese fomentar un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías.

No noso colexio e dende o Equipo de Dinamizacións das Tic elaboramos esta presentación con dez sinxelos consellos que o noso alumnado debe ter en conta cando navegan por Internet. 

        

Consellos para buscar na rede con eficiencia.

Prácticos consellos para mellorar a busca de información en Internet.

View more presentations or Upload your own.

NAVEGACION SEGURA. AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCION DE DATOS.

Protección de datos dos menores. Navegación segura.

Os menores encóntranse particularmente expostos ao uso da súa información persoal. Os seus datos non solo son relevantes no ámbito escolar ou na saúde. Hoxe, na sociedade da información os datos persoais dos nosos fillos poden ser obxecto de utilización con fins comerciais, no ámbito do ocio e sobre todo en Internet.

O documento adxunto publicado pola AGPD contén información e recomendacións que nos axudarán a protexer os seus datos.

Distribuir contido


by Dr. Radut