Skip to Content

Programas Europeos

ERASMUS+ WELCOMING DAY IN BURELA

Estes últimos días foron moi especiais no noso cole xa que recibimos a visita dos nosos compañeiros e compañeiras europeos de Grecia, Romanía, Finlandia e Bélxica.

Esta "short term learning activity" comezou o martes 24 de maio cando chegaron ao noso país e se instalaron no albergue de Area.

Ao día seguinte, o mércores 25 recibímolos no cole:

Despois, repartímonos en tres grupos nos que mesturamos ao alumnado visitante co noso alumnado de 5º e 6º. Os grupos tiñan nomes moi especiais: Frida Kahlo, Wassily Kandinski e Leonardo da Vinci e cada grupo realizou un obradoiro de arte diferente, posto que como xa sabedes, a arte é o tema deste primeiro ano de proxecto.

 O puzzle cooperativo

Cada neno tivo que decorar unha peza dun puzzle sorpresa, con orixinalidade, sen usar a cor negra e sen deixar nada en branco.

As alfombras florais:

Seguindo a tradición de Burela, realizamos dúas alfombras florais nas que usamos flores, serrín tintado de distintos cores, herba, sal, etc. As alfombras estaban basadas na obra de Mauro Leivas "Retratos de polos engreídos":

Pintamos como Pollock

Seguindo a técnica de dripping deste pintor tan famoso elaboramos as nosas obras de arte:

Tras este tempo de obradoiros, descansamos un ratiño e degustamos a deliciosa comida que trouxeron as familias de 5º e 6º, aos que agradecemos a súa colaboración.

Despois, as actividades eran rotativas. Todos grupos tiñan que seguir o seu itinerario e así pasar polas tres:

PHOTOCALL

Recreamos pinturas famosas dunha forma moi especial e divertida

PHOTOFRAME WORKSHOP

Realizamos un bonito marco de fotos no que Jan, estaba moi presente: 

E tamén visitamos as aulas para coñecer un pouco a todos os nenos e nenas do Vista Alegre.

Ás dúas, chegou o momento de xantar coas familias españolas e pasar unha agradable tarde con elas.

Foi un día fantástico para todos.

Acollida do alumnado europeo: Semana do 24-31 maio 2016

O grupo europeo formado por 47 alumnos/as de 5º e 6º de Educación primaria acompañados de 16 profesores procedentes de Bélxica, Finlandia, Grecia e Romanía están pasando con todos nós unha semana fantástica e inolvidable....  Podedes comprobar o ben que o están pasando a través do blog das formiguiñas belgas : "De Bosmier" http://bosmierspanje.blogspot.com.es/ 

Aquí tamén podedes ver un resumo do programa da semana do 24 ao 31 de maio de 2016:

Enlace

PABLO PICASSO

Este curso estamos a investigar sobre artistas do noso país. Cada curso elixiu ao seu, e da man de Libruxa e Jan, elaboramos unhas presentacións que xa compartimos cos nosos socios europeos. Pero ademais, cada clase irá expoñendo o seu traballo a todos os compañeiros do cole.

A primeira exposición, realizada polo alumnado de 4º, foi a de Pablo Picasso, quizás o artista español máis famoso a nivel mundial. Picasso non só foi o creador do movemento cubista  (xunto con Braque), ademais, foi o deseñador da "pomba da paz" e por iso eliximos precisamente o Día da Paz para falar deste artista tan popular. 

Noraboa nenos, nenas e profes de 4º. Fixestes un traballo xenial!

"On a journey with the ARTist" - Erasmus+ Opening Day

Ademais, de celebrar o Magosto, o venres presentamos á comunidade educativa o noso novo proxecto "On a journey with the ARTist", un proxecto baseado na arte que durará tres anos e nos que traballaremos sobre a pintura, a escultura, o teatro e a música.

Ramona, alumna de 6º, foi a gañadora do concurso de logos, polo que o seu deseño será o logo do noso proxecto. Noraboa Ramona polo teu fantástico traballo!

No seguinte vídeo podedes disfrutar da inauguración do proxecto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut