Skip to Content

Programas Europeos

Una escuela inclusiva abierta al Mundo.

O noso centro está sendo noticia por dous motivos:

1.- Acaba de ser seleccionado polo SEPIE (Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación) para participar nun proxecto Erasmus+ Acción KA1: "Unha escola inclusiva aberta ao mundo". Neste caso varios profesores do colexio terán a oportunidade de participar en actividades formativas por todo Europa ao longo do bienio 2017-2019.

2.- E tamén 45 alumnos/as de 5º e 6º de primaria acompañados por 4 mestres do centro desprazaranso a Balen en Bélxica para desenvolver un programa internacional do 16 ao 23 de maio. Trátase de levar a cabo unha actividade de formación e aprendizaxe dunha semana xunto cos nenos e nenas belgas pero tamén con alumnado que viaxou alí dende Finlandia, Romanía, Grecia e Irlanda, socios no noso proxecto europeo da Acción KA2 entre centros escolares que leva por título: "On a journey with the ARTist". Jan, a mascota do proxecto tamén viaxou a Bélxica.

Aquí podes ler a noticia aparecida o día 19 de maio na Voz de Galicia. Pincha na foto seguinte:

 

 

 

PROGRAMA DA VISITA 2016

No seguinte enlace podes ver o PROGRAMA da viaxe do 21 ao 28 de Xuño de 2016. 21 alumnos/as de 6º de Educación primaria acompañados de catro profesores e da nosa auxiliar de conversa americana participarán nesta aventura europea.

Resultado de imaxes para programa

 

Erasmus+ journal: Jan's World

Rematamos o primeiro curso do proxecto co primeiro número do xornal "Jan's World", que resume as distintas actividades relacionadas coa arte que se levaron a cabo nos distintos países socios.


Distribuir contido


by Dr. Radut