Skip to Content

Máscaras

Listaxe definitiva de admitidos/as

No taboleiro ubicado na SECRETARÍA do centro atópase a LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS para a entrega de máscaras, sendo idéntica á listaxe provisional.

O procedemento de entrega das mesmas será publicado nesta páxina web nas vindeiras semanas.

Listaxe provisional de admitidos/as

No taboleiro ubicado na SECRETARÍA do centro atópase a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.

Todo o alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21 está ADMITIDO.

Orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnado

No día de onte, 13 de novembro, publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21 (vale de 50€) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE para recibir as máscaras. Xa se considera ADMITIDO.

SI QUE TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

De ter que realizar a solicitude, esta farase de forma presencial na secretaría do centro (L-V de 12:30 a 13:30, previa cita no 982870115/982870116), aportando a documentación complementaria que se indica no artigo 9 da Orde.

O prazo para presentar a solicitude é do 16 ao 27 de novembro do 2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut