Skip to Content

Estancia en Bélxica

Resultado dos Cuestionarios de avaliación

Podes consultar os resultados da encuesta ás familias AQUÍ

 

Podes consultar os resultados da encuesta ao alumnado AQUÍ

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 7

 

Viaxe a Bélxica: día 7

Hoxe, coma todos os días, levantámonos ás 7:30, almorzamos, preparamos a maleta e marchamos para o colexio de Bosmier. Alí esperábannos un montón de actividades; unha delas consistía en debuxar a nosa silueta e pintalas.

A medio día, fomos convidados pola ANPA do colexio a unha apetitosa comida. Pouco despois marchamos cada un coas súas familias e fixemos moitas actividades. Ir ao parque, volver á piscina, xogar aos bolos…

Antes de volver para o hotel, despedímonos dos nosos amigos belgas con moita tristeza e algún que outro choro.

Todos estamos ben. Mañá vémonos.

 

Equipo de redactores: Tristán, Jorge V., Hugo, Adrián e Sebas.

 

 

 

 

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 6

 

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 6

Domingo 21 de maio de 2017.

Levantámonos ás 7:30 de mañá, vestímonos, almorzamos e collemos o bus ás 10:30 para facer unha ruta en barco polos canais.  Ao longo da viaxe vimos moitas paisaxes fermosas e as esclusas. Álvaro explicounos o seu funcionamento.

Foi un día diferente porque cominos no barco e logo dimos un pequeno paseo ata que chegamos ao parque acuático.

Estivemos toda  a tarde na auga ata as 17:15, pasámolo moi ben. Cando saímos do SumPark, fixemos unhas pequenas compras e volvemos para o hotel a cear.

Pronto nos veremos papás e mamás. Querémosvos moito.

 

Equipo de redactoras: Ainhara, Eva, Ruth, Nayara e Elsa

 

 

 

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow created with Smilebox

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 5

Viaxe a Bélxica: día 5

Hoxe levantámonos ás 7:30, arreglámonos e baixamos tomar o almorzo. Estaba moi rico. Comimos napolitanas, zume, leite…; unha vez rematamos, preparamos o picnic  para ir ao zoo de Amberes.

Pasamos a viaxe falando e cando chegamos a Amberes camiñamos pola zona antiga da cidade ata chegar ao zoo. Vimos un montón de especies de animais: monos, elefantes, xirafas, gorilas...

Primeiro fomos cos profesores, que nos explicaron o que íamos facer. Despois puidemos ver todos os animais en grupos. Cando rematamos de ver todo, pasamos pola tenda do zoo a comprar uns agasallos para as nosas familias.

Cenamos no Pizza Hut, estaba moi rico! Algúns contamos historias de medo.

Unha vez voltamos ao hotel, xogamos nas pistas de tenis e no parque cos nosos amigos. Estamos pasandoo xenial!

 

Equipo de redactores: Pablo G., Pablo M., Juan e Sergio G.

 

 

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free digital slideshow
Distribuir contido


by Dr. Radut