Skip to Content

Últimas entradas nos blogues

Parece unha rosa

O 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Os alumnos de 2º B recitamos e gravamos un poema dela titulado "Parece unha rosa". Este foi o resultado, esperamos que vos guste.

Día de Rosalía de Castro

Na entrada do pasado día 18 falabamos sobre as actividades que fariamos para conmemorar dun xeito académico o día de Rosalía de Castro, que, como ben sabedes, é o 24 de febreiro, día do nacemento da autora alá polo 1837, e dicir fai 180 anos. Pois ben, unha das tarefas que realizou o alumnado de 6º consistiu na elaboración de dous murais; un, que nos presenta os catro poemas inéditos dados a coñecer pola RAG a principios do 2014 e outro que nos mostra unha selección das novas recollidas pola prensa ao respecto de tal acontecemento.

24 de febreiro: conmemoración do "Día de Rosalía".

   O alumnado de 6º curso, durante a semana do 20 ao 24 de febreiro e dentro da conmemoración do "Día de Rosalía" fará unha actividade (WebQuest) a maiores daquelas xa previstas a nivel de centro. Trátase dunha presentación dixital empregando ferramentas TICS sobre a obra inédita da poetisa, que recentemente (2014) nos deu a coñecer a RAG, e que derivará tamén en dous murais que se exporán nas instalacións comúns do noso centro. Nun amosaranse os poemas descubertos e noutro  recolleranse algunhas das mostras das repercusións que reflectiron os medios de comunicación e o mundo da cultura, en xeral.

Save

Distribuir contido


by Dr. Radut