Skip to Content

Plan Director

Charlas: RISCOS EN INTERNET

Dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso alumnado de 5º e 6º de Educación primaria no manexo e uso responsable de internet en diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores, teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado 24 de febreiro.

O axente Peña explicoulles a necesidade de implantar na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e intimidade e evitar a comisión de delictos. Incidíu en que é necesario educar no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e persoais. Fixo tamén fincapé no perigo de facilitar datos persoais e íntimos a descoñecidos e na necesidade de que comenten cos seus pais, titores ou profesores calquera contido estrano e/ou ameazante que detecten en Internet.

O pasado martes 10 de marzo, a charla foi dirixida ás familias e o profesorado de todo o alumnado do centro. Foi moi interesante e moi formativa para os adultos aínda que lamentamos a pouca asistencia por parte dos pais e nais.

O noso agradecemento a Garda Civil de Burela e Lugo e en especial ao Sr. Ramón Peña.