Skip to Content

Proxectos Biblioteca

Actividades de 3º

Estimadas familias:

Despois de que a Consellería de Educación suspenderá a actividade escolar por motivo da crise que está a provocar o COVID-19, e publicara instrucións sobre as actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares que o alumnado poderá realizar no seu domicilio durante estes días de confinamento, os titores de 3º nivel de E.P. do C.E.I.P. Plurilingüe Vista Alegre  recomendan:

MATEMÁTICAS

-Resolver problemas empregando sumas e restas con números decimais a partir dos prezos de productos que compramos nos supermercados.

-Inventar problemas sinxelos onde teñamos que facer multiplicacións e divisións por unha cifra ou a unidade seguida de ceros.

-Medir partes da casa ou obxectos, empregando metro ou centímetro segundo o seu tamaño. Pasar esas medidas de metros a centímetros e viceversa.

-Observar e comparar distintos productos que temos na casa segundo a súa capacidade (1,5 l, 1l, un cuarto de litro e 1kg, 100g, 500g …), facendo as operacións de pasar de l a cl e viceversa, de kg a g e viceversa.

-Elaborar unha táboa de multiplicar dos primeiros 10 números.

-Plantexar e resolver problemas calculando dobles e metades.

-Repasar e reforzar as unidades  xa traballadas.

-Buscar no xornal, na sección de pasatempos, xogos sinxelos con números e resolvelos. Xogar en familia ( tres en raia, parchís…).

LINGUA E LENGUA

-Lectura comprensiva de textos , contos motivadores e adecuados a súa idade. Facer ficha con: título, autor, editorial, opinión…

-Sobre as lecturas anteriores facer resumen. Así mesmo pódese facer lectura en familia e logo facer preguntas sobre as partes do texto (presentación, nudo, desenlace), personaxes, situacións, si hai diálogos, monólogos…

-Ler fábulas e identificar as súas características.

-Repasar e reforzar as unidades xa traballadas.

-Facer pequenos esquemas do estudiado.

-Buscar noticias sobre a contaminación nos mares e océanos.

-Nun texto buscar nomes, adxectivos , determinantes artigos (determinados e indeterminados),determinantes demostrativos, determinantes posesivos e determinantes numerais ( cardinais e ordinais). Facer unha táboa e clasificalos.

-Elaborar un cartel anunciando un evento cultural en Burela, e outro onde se escirba unha mensaxe coa importancia e a necesidade de coidar o nosos planeta.

-Escribir unha carta a un amigo contandolle a experiencia destes días na casa.

CIENCIAS SOCIAS

-Realizar un traballo de investigación sobre as causas do quentamento global do planeta e do cambio climático.

-Repasar e reforzar as unidades  xa traballadas.

 

CIENCIAS DA NATUREZA

-Investigar sobre 10 animais en perigo de extinción, facer fichas indicando as súas características e causas do seu perigo de extinción.-Repasar e reforzar as unidades traballadas.

Algúns enlaces para as actividades de ciencias socias e ciencias da natureza:

 

https://www.youtube.com/watch?v=00XGd-s0poo

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/o-sabor-da-aventura-esta-no-mar-ud-2o-ciclo

https://happylearning.tv/el-cambio-climatico/

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut