Skip to Content

Celebracións

25 anos de historia

Co lema "25 anos aprendendo do pasado, compartindo o presente e forxando o futuro" celebramos o 25 aniversario do Colexio no mes de xuño de 2011 na semana do 13 ao 18. Para tal evento leváronse a cabo unha serie de actos:

  • Concurso "adiviña quen é?"  na entrada do edificio atopamos un gran crucigrama con fotos do profesorado e persoal non docente cando era pequeno e trátase de completalo.
  • O mércores 15 tivemos un concerto de Música.
  • O xoves 16 ás 17h na biblioteca celebramos unha mesa redonda que estivo composta por pais, nais, alumnado e profesorado da primeira época do cole e tamén da actual.
  • O venres 18 pola mañá o gran xogo da oca organizado polo E.N.D.L. e pola tarde festa organizada pola ANPA.
  • Para rematar, o sabado 18 disfrutamos dunha comida con todas aquelas persoas que estiveron ou están relacionadas co colexio.

 

Durante toda a semana na Biblioteca houbo unha proxección en vídeo onde se recolle unha ampla información do que foron estes 25 anos. Tamen se editou unha revista con fotos e relatos que resumen a vida do centro nos 25 anos de existencia.

 

 

 

 

Fai clic na presentación para ver a revista.



Distribuir contido


by Dr. Radut