Skip to Content

Aspectos históricos

Historia do noso pobo

 Burela aparece citada por primeira vez nun documento que data do 1096,
data na que o conde Don Ramón e a súa dona, Dona Urraca, lle conceden á
sede Mindoniense a metade da igrexa de Nois, asentada na beiramar entre
"Burelum" e "Aurium".

A súa evolución histórica parten dos primeiros poboamentos que corresponden a un castro situado na parte externa do cabo, nun pequeno alto, preto do mar. Esta poboación castrexa deixou pegada polos instrumentos atopados na finca chamada Chao de Castro: a arrancada e o Torques de Burela, actualmente exposto no Museo Provincial de Lugo.
    

Moi preto do castro atópase un "Vilaris", é dicir, unha vila que se corresponde á época da romanización de Galicia. Este pequeno poboamento vai dar orixe a unha igrexa rural que se ergue en parroquia baixo a protección de Santa María. A evolución castro-vila-parroquia e moi frecuente en toda Galicia.

Xa no século XIX, nas listas dos novos concellos da provincia de Lugo, con data do 20 de novembro de 1835, figuran dous concellos que son o de San Cibrao e o de San Xulián de Nois. O primeiro comprendía as parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe, e o segundo a de Santa María de Burela. Estes dous concellos duraron hasta que se produciu a reforma da división xudicial e municipal da provincia de Lugo, en virtude do cal se crea, no novo partido xudicial de Viveiro, o novo Concello de Cervo, o que se anexiona ó anterior de San Cibrao, mentres que o de Nois desaparece, recollendo a parroquia de Burela.

Os primeiros intentos de segregación comezan entre os anos 1971-72, pero foi en 1992 cando verdadeiramente comezou este proceso, sendo o 15 de Decembro de 1994 cando a Xunta de Galicia, pola proposta da Consellería de Xustiza, toma a decisión de aprova-la segregación da Parroquia de Burela respecto do Concello de Cervo, pasando a ser dita parroquia concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut