Skip to Content

A nosa aventura belga

Como sabedes os nenos e as nenas de 6º despediron o seu paso polo colexio cunha fantástica aventura en Bélxica. Alí, os nosos socios europeos recibíronnos cos brazos abertos e fixeron da nosa semana un tempo inolvidable. Vimos coa maleta chea de recordos e momentos que nos acompañarán sempre. 

Aquí podedes ver un resumo corto da viaxe:

E aquí un vídeo un pouco máis longo:

Aos nosos amigos belgas, ás súas familias e aos profesores do GBS de Bosmier, GRAZAS. Grazas polo voso esforzo e dedicación.

E aos nosos nenos e nenas de 6º desexarlles moita sorte nesta nova etapa que comezan!

Madriñas e padriños

En que consiste esta actividade?

Cada alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria apadriña a un neno/a máis pequeno/a (3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º ou 2º de Primaria) para contarlle un conto no patio ou nas zonas verdes do colexio. Ademais, moitos destes nenos/as máis pequenos/as recibiron un agasallo por parte do seu padriño/madriña. 

O pasado venres levouse a cabo: os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados/as ás súas aulas, leváronos ao patio ou ás zonas verdes e léronlles o conto que tiñan preparado para eles. Ademais, moitos afillados/as recibiron un agasallo por parte do seu padriño/madriña. Daba gusto ver todo a pista e as zonas verdes cheas de nenos e nenas léndolle aos máis pequenos/as.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración: madriñas, padriños, afillados, afilladas, profesorado implicado... Aquí vos deixamos un vídeo con pequenos fragmentos dos contos e algunhas fotos.

FESTIVAL FIN DE CURSO.

ERASMUS+ WELCOMING DAY IN BURELA

Estes últimos días foron moi especiais no noso cole xa que recibimos a visita dos nosos compañeiros e compañeiras europeos de Grecia, Romanía, Finlandia e Bélxica.

Esta "short term learning activity" comezou o martes 24 de maio cando chegaron ao noso país e se instalaron no albergue de Area.

Ao día seguinte, o mércores 25 recibímolos no cole:

Despois, repartímonos en tres grupos nos que mesturamos ao alumnado visitante co noso alumnado de 5º e 6º. Os grupos tiñan nomes moi especiais: Frida Kahlo, Wassily Kandinski e Leonardo da Vinci e cada grupo realizou un obradoiro de arte diferente, posto que como xa sabedes, a arte é o tema deste primeiro ano de proxecto.

 O puzzle cooperativo

Cada neno tivo que decorar unha peza dun puzzle sorpresa, con orixinalidade, sen usar a cor negra e sen deixar nada en branco.

As alfombras florais:

Seguindo a tradición de Burela, realizamos dúas alfombras florais nas que usamos flores, serrín tintado de distintos cores, herba, sal, etc. As alfombras estaban basadas na obra de Mauro Leivas "Retratos de polos engreídos":

Pintamos como Pollock

Seguindo a técnica de dripping deste pintor tan famoso elaboramos as nosas obras de arte:

Tras este tempo de obradoiros, descansamos un ratiño e degustamos a deliciosa comida que trouxeron as familias de 5º e 6º, aos que agradecemos a súa colaboración.

Despois, as actividades eran rotativas. Todos grupos tiñan que seguir o seu itinerario e así pasar polas tres:

PHOTOCALL

Recreamos pinturas famosas dunha forma moi especial e divertida

PHOTOFRAME WORKSHOP

Realizamos un bonito marco de fotos no que Jan, estaba moi presente: 

E tamén visitamos as aulas para coñecer un pouco a todos os nenos e nenas do Vista Alegre.

Ás dúas, chegou o momento de xantar coas familias españolas e pasar unha agradable tarde con elas.

Foi un día fantástico para todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut