Skip to Content

SEMANA EUROPEA DE APRENDIZAXE EN BÉLXICA

SEMANA EUROPEA DE APRENDIZAXE EN BÉLXICA

45 alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria xunto con catro mestres deste centro están participando nun encontro multicultural en Balen (Bélxica). Trátase dun intercambio lingüístico e dunha semana intensiva de aprendizaxe programada  dentro do noso Proxecto Europeo KA2 de Erasmus+: "On a journey with the ARTist". Estarán alí dende o 16 ata o 23 de maio. Máis información aquí:

ENTROIDO 2017

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o Entroido, este ano relacionado coas diferentes Comunidades Autónomas.

No seguinte vídeo podedes vernos desfilando, degustando os produtos típicos do entroido que trouxeron as familias, grazas estaban boísimos! :) Por último queimamos aos Mecos.

Agradecer ao Concello de Burela, ANPA e a Ismael a súa colaboración. Grazas pasámolo xenial :)

 

Día da Paz 2017

Este ano para celebrar o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz", que como ben sabedes foi o pasado luns, 30 de xaneiro, decidimos elaborar un LIPDUB; unha actividade na que participou todo o colexio.

 

Despois de varios ensaios...este foi o resultado! Esperamos que vos divirtades vendo o vídeo, tanto coma nós facéndoo :) 

 

NADAL 2016

Un ano máis celebramos o Nadal!

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do ben que o pasamos coa visita dos Reis Magos, degustando o roscón de reis, e tamén veredes o Belén de cada un dos edificios, que quedaron xeniais! Moitas grazas as familias pola súa colaboración. Agradecer tamén a ANPA a súa colaboración cos agasallos.

 

 
 
 
No seguinte vídeo podedes ver tamén as actuacións dos nenos e nenas no Festival de Nadal.

 

  

 

Para rematar desexarvos un Bo Nadal e un Feliz 2017 a todos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut