Skip to Content

MAGOSTO 2016

O pasado venres 18 de novembro, celebramos no noso colexio o Magosto.

Gustaríanos agredecer a todos a vosa colaboración, á ANPA por traer as castañas e os bolos preñaos, aos que participaron no asado das castañas, e como non ás familias, tanto por acompañarnos nun día tan divertido, como pola súa colaboración nas exposicións de froitos do outono.

 

 

Samaín 2016

Como ben sabedes o pasado 28 de outubro celebramos no cole o Samaín.

Tivemos moitas actividades de medo como a elaboración da merenda terrorífica, degustación da mesma, bailes... No video poderedes observar o ben que o pasamos neste día!! :)

Dar as grazas as familias pola súa colaboración na decoración dos dous edificios do centro, aportando unhas cabazas espectaculares, mil grazas!

 

Erasmus+ journal: Jan's World

Rematamos o primeiro curso do proxecto co primeiro número do xornal "Jan's World", que resume as distintas actividades relacionadas coa arte que se levaron a cabo nos distintos países socios.


Festival Fin de Curso

Outro curso máis que chega ao seu fin. Neste caso, o curso académico 2015/2016. Para despedilo, celebramos un festival no que o alumnado sacou a escena a súa parte máis expresiva. Desexamos que vos guste.

Feliz verán!

Distribuir contido


by Dr. Radut