Skip to Content

COMENIUS OPENING DAY

O pasado 9 de novembro de 2012, tivo lugar no patio do noso centro a presentación do novo Proxecto Europeo Comenius para dalo a coñecer a toda a Comunidade Educativa do CEIP PLURILINGÜE VISTA ALEGRE de Burela. 

"Pleased to meet you!"  é o título do noso novo Proxecto Europeo para levalo a cabo ao longo de dous cursos escolares (2012-2014). Traballaremos conxuntamente nel con dez escolas de oito países: Bélxica, Finlandia, Malta, Irlanda, Italia, Hungría, Rumanía e Turquía.

 

                                                          PLEASED TO MEET YOU!   ENCANTADOS DE COÑECERVOS!

 

                                    VIDEO DO ACTO DE PRESENTACIÓN


CELEBRAMOS O SAMAÍN

Aquí vedes como celebramos o SAMAÍN. Foi un día un pouco terrorífico: as cabazas, a comida, a bebida, as cancións e as nosas caras pintadas.

O MAGOSTO

O pasado venres así celebramos o Magosto: ulimos e degustamos as castañas asadas, que por certo estaban moi boas e despois xogamos a un montón de xogos que nos gustaron moito. Antes dese día colocamos na entrada do cole unha exposición con froitos do outono e aprendemos unha morea de ditos, refráns e cantigas
Foi un día intenso pois tamén presentamos os paises que imos a traballar no proxecto Comenius.


Distribuir contido


by Dr. Radut