Skip to Content

Madriñas e Padriños 2014

Un ano máis o noso alumnado participa e disfruta desta actividade onde a lectura é a protagonista. Nenos e nenas que exercen de padriños e madriñas buscan, entre os máis pequenos, aos seus afillados e afilladas para lerlles un conto; elixen un recuncho do entorno do colexio e... a disfrutar do momento!

Neste vídeo podedes ver fotos desta actividade.

 

Abril: Presentación de FINLANDIA

O mércores 30 de abril as nenas e os nenos de Infantil de 4 anos, ensináronnos moitas cousas sobre Finlandia, pais socio do noso proxecto europeo "Pleased to meet you!".

Nesta presentación  poderedes ver que ben o fixeron. Noraboa polo traballo!!!

 

Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox
This photo album generated with Smilebox

ANTROIDO 2014

O pasado venres 28 de febreiro celebramos a festa infantil do Antroido 2014. Debido as malas condicións meteorolóxicas, suspendemos o desfile polas rúas de Burela ata O Campón pero desfilamos dentro do pavillón Vista Alegre. A temática este ano estivo relacionada co noso Proxecto Europeo: "Pleased to meet you" e cada curso foi disfrazado de algo característico dun país socio do noso proxecto.
Foi unha xornada divertida para toda a nosa Comunidade Educativa que disfrutou do Antroido a pesar do mal tempo. Agradecemos o traballo colaborativo entre o profesorado, monitoras de GAIA, ANPA e familias na elaboración dos disfraces deste ano.


Se queres saber porque fomos disfrazados deste xeito pulsa mira o Xornal do Antroido:


FEBREIRO: PRESENTACIÓN DE ROMANÍA

O pasado mércores 26 de febreiro, o alumnado de 3º de Primaria presentounos ROMANÍA, un país socio do noso proxecto europeo: "PLEASED TO MEET YOU". Noraboa a todos/as por compartir con todo o centro o seu traballo e porque o fixeron moi ben.

Click to play this Smilebox photo album
Distribuir contido


by Dr. Radut