Skip to Content

Os caracoliños traballan no invernadoiro

Os caracoliños estivemos no invernadoiro cos nenos e nenas de primeiro. Sachamos a terra para preparala para plantar, botámoslle abono, que era caca de cabalo. Unha vez que a terra estaba traballada fixemos uns buratos nos que plantamos unhas plantas aromáticas chamadas lavanda.

Moitas gracias á profe Inés e aos nenos e nenas de segundo por compartir con nós esta experiencia tan enriquecedora que ... continuará.

 



blog | by Dr. Radut