Skip to Content

PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DIRECTIVO DA ANPA DO CEIP PLURINLÍNGÜE VISTA ALEGRE

 

O doce de setembro comezará un novo curso escolar e xunto a el, comezará a andadura dun novo equipo directivo da ANPA cuxa elección se levou a cabo a finais do curso pasado. Dende este post queremos facer unha presentación oficial deste novo equipo que, cheo de ilusións e forzas renovadas, pretende levar a cabo un novo proxecto educativo integrador ao servizo d@s nos@s nen@s apoiando ao noso centro educativo. Esta nova directiva estará integrada por:

Presidente:Bruno González Rico Vicepresidenta: Cristina Carral Maceiras
Secretaria: Emma Lizbeth Rojas Malca
Tesoureira: Yolanda Baamonde García
Vogais: Alicia Canel Pérez
Mª Alejandra Cambeiro Urioste

Deste xeito, recollemos a testemuña da antiga directiva da ANPA:
Maria Fontenla Bregua, Sonia Fraga Seara, MªAlejandra Cambeiro Urioste, Verónica Villamil Fernández, Bruno González Rico e Mª Jose Ramil Diaz.
Aproveitamos para agradecerlles sinceramente toda a labor realizada, o tempo dedicado e os logros alcanzados nestes últimos anos. Dende aquí, moitas grazas por todo e agardamos poder seguir contando con vós e coa vosa inestimable axuda e experiencia.

Por último, gustaríanos engadir que, ante calquera dúbida ou consulta podédesnos atopar na seguinte dirección de correo electrónico (anpa.ceipvistaalegre.burela@gmail.com) na páxina do facebook (ANPA CEIP Vista Alegre) ou no buzón da ANPA que esta na entrada do colexio.
Sen máis, desexándovos un bo inicio de curso, quedamos á vosa disposición.

Un saúdo cordial. O equipo directivo.



blog | by Dr. Radut