Skip to Content

Letras galegas 2016

Desta vez utilizamos a realidade aumentada para aprender cousas sobre o homenaxeado deste ano: Manuel María. Elaboramos un mural "máxico" con moitas preguntas sobre dito autor. Para coñecer a resposta tan só tíñamos que acercar a tablet a cada pregunta e como por arte de maxia aparecíanos un vídeo cos nenos e nenas da clase de 5 anos B (grazas!) respostándonos.

A continuación deixámosvos un vídeo no que primeiro vos ensinamos o mural e no que despois aparecen algunhas fotos do alumnado en plena acción de aprendizaxe! 



blog | by Dr. Radut