Skip to Content

Semana das Artes Plásticas na Mariña

Aquí podedes ver un resumo do traballo realizado por todo o centro para a "Semana das Artes Plásticas na Mariña".

O tema deste ano é precisamente "A Mariña", por iso no noso centro decidimos botar unha ollada ao noso arredor e fixarnos ben nas marabillas que tamén hai pola nosa zona e que non sempre apreciamos.

De feito cando as nosas profes nos amosaron unha silueta da Porta de Carlos V na clase tardamos en darnos conta de que se trataba... Pensamos nun castelo, nunha torre...

Unha vez descuberto o monumento puxémonos a traballalo utilizando técnicas distintas. Para iso contamos coa axuda de tres artistas: Eva Rivas e Cristina Basanta.

 

Para ver todo o proceso, mirade o vídeo.

 

 

E nos vos esquezades de visitar a exposición con todo o noso traballo! 



blog | by Dr. Radut