Skip to Content

O noso entorno

 Enclavada na chamada "Mariña Lucense" e no borde da meseta de Lugo,
pertence a comarca da Mariña Central, linda co val do río Ouro e os montes Cabaleiros ó oeste, o val do Masma e a serra da Cadaeira polo
leste, a serra do Xistral e os montes do Neda polo sur, sendo bañada
polas augas do Mar Cantábrico polo norte.

En Burela empeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar e as contrafortes montañosas, orixinando un tipo de costa lineais nas praias formadas ó pé dos cantís e areais, separados a miúdo, por farallóns. Dende o punto de vista tectónico destaca en Burela a existencia de grandes pregamentos tombados, correspondentes a primeira fase de deformación herciniana.

 As elevacións máis destacadas son: monte de Vilar, Pena de Guía, monte Castelo, monte Buio e monte BeClimatolóxicamente falando, Burela ten un clima oceánico e, pola súa situación costeira, a temperatura é moderada. Foi precisamente a súa climatoloxía benigna, ademais da súa morfoloxía plana o que contribuíu ós primeiros asentamentos humanos, como o demostran os restos arqueolóxicos dos castros ó longo do litoral, O terreo é fértil e pizarroso, atravesado por regatos de escaso caudal e curso perenne.

As especies vexetais máis comúns son: toxeiras, salgueiros, piñeirais, eucaliptos e xunqueiras mariños.

A fauna está constituída por especies do máis variado. Corzos, xabaríns, esquíos, martas, gaivotas, cormoráns e abundantes crustáceos e moluscos son algúns exemplos do reino animal que podemos encontrar en Burela.

 

 



page | by Dr. Radut