Skip to Content

A VIAXE E O NOSO PRIMEIRO DÍA EN BÉLXICA

Bélxica 2013 - 1ª Etapa 

Ler máis (e fotos)

  Na saída das catro da mañá a despedida das nosas familias foi moi emotiva.

Tardamos aproximadamente oito horas en chegar a Madrid, pero non nos aburrimos. Vimos unha película que, ás veces, Cristóbal paraba para explicarnos moitas cousas moi interesantes e divertidas sobre Castela e León.

Ao chegar a Barajas, o aeroporto de Madrid, facturamos as maletas que xa ían para Bruxelas e logo comemos o xantar. Despegamos sobre as tres da tarde.

A viaxe en avión foi para algúns a primeira que nunca fixeron. Deuse algún caso de medo ás alturas e por iso vimos algunha bágoa que outra porque non o puidemos remediar do susto, pero logo nos pasou o apuro.

Cando chegamos a Bruxelas ás cinco e pico, fomos coller as maletas e, despois de camiñar un pouco polo aeroporto, encontramos a Greet, a directora da escola dos nosos amigos blegas que o ano pasado viñeron ás nosas casas a comer e divertirse.

A iso das sete e media do serán, por fin chegamos ao hotel De Linde ao que algúns chegaron mortos de sono e fame. As comidas foron exquisitas e sabrosas. E, por último, vimos os cuartos e fixemos este traballo que estades lendo. Xa se fixo de noite... son as dez pasadas.

Retie (Bélxica), luns 20 de maio de 2013


NOTA: Hotel "De Linde" (Significa en galego>tileiro; en castelán>tilo; in English>lime tree)

Bélxica - 1ª etapa  - luns, 20 maio 2013

Consello de redacción da primeira etapa:   Michael Chumacero Ángeles, Martín Rodríguez Camino, Martín Tojeiro Pardo, Byll Antoni Ortiz Rojas e Alexi López Martínez.

 


 



blog | by Dr. Radut