Skip to Content

Mércores 15

Hoxe foi un día moi divertido. Levantámonos ás sete e cuarto pero os encargados un pouquiño antes para preparar o almorzo. Logo collemos un bus ás nove ata Zilvermeer. Xogamos cunha ampla variedade de xogos tales como barcos con pedais, mini-golf, cars con pedais, botes con remos....

Ás doce os profesores chamáronnos para comer o que levamos de picnic. Despois xogamos nun parque cercano e fomos a outra parte do parque de Zivermeer no que fixemos uns xogos de supervivencia cun monitor e os nosos profesores. O primeiro xogo foi tirarnos dunha tirolina que pasaba sobre un lago e unha anécdota que recordaremos foi que algúns tocaron a auga cos pés calzados e outros molláronse por completo. O segundo xogo foi una xincana aérea por encima da auga. O terceiro foi outra xincana, que consistía nun conxunto de troncos encima do lago e aí moitos nenos caéronse. O cuarto foi un xogo que consistía en saltar de plataforma en plataforma o máis rápido posible para non caer.

Despois dos xogos, voltamos aos vestiarios para voltar ao albergue en autobús. Alí tivemos unha barbacoa preparada polos pais dos nosos amigos belgas. Xogamos e despedímonos. Houbo moitas lágrimas. Sempre é moi triste despedirse.

Maña voltamos a Burela. Toca preparar as maletas. Deica mañá.

 

 

Agustina, Nico, Magalí, Mario, Rebeca.

 

 

 



page | by Dr. Radut