Skip to Content

Burela: As nosas raíces

O xoves 7,de Marzo de 2019 fomos de excursión por unha das partes máis antigas de Burela, onde todo eran casas , nada de edificios ou construcións máis modernas. Fomos as dúas clases de 6º e a clase de 5º.

O primeiro que nos ensinaron, as monitoras de Gaia, foron os hórreos. Dixéronos que servían para almacenar o trigo e o millo. Constan dunha cámara estreita e permeable ao paso do aire, separada do solo para evitar a entrada de humidde e animais.

Imagen relacionada

Logo fomos ver dúas das tres fontes de Burela, a Souto das Pasadiñas e a fonte Santoalla e ningunha das dúas fontes ten auga potable.

As dúas tiñan lavadoiro, pero un dos dous foi cuberto por cemento mentres o outro segue funcionando.

Os antigos lavadoiros eran os puntos de reunión das mulleres e tamén eran as antigas lavadoras. Se os pobos eran pequenos había un gran lavadoiro para todo o pobo, pero se o pobo era grande había varios de menor tamaño.

Despois camiñamos ata a Igrexa de Santa María de Burela (Igrexa da Vila do Medio). É do século XV e ten unha nave rectangular decorada no seu interior con pinturas moi vellas. A igrexa sufriu moitos cambios: no século XVII construíronse o presbisterio e sacristía e engadiuse a Capela do Carmen. A igrexa estivo moitos anos abandoada e chegou a atoparse en un estado de ruínas. As pinturas foron encontradas por dous nenos que estaban xogando á pelota que lles caeu na igrexa. Tiveron que buscar moi ben e viron que na parede había unhas pinturas. Foron ao párroco e logo comezouse coa restauración da igrexa.

Por último vimos un enorme carballo de máis de 500 anos, antes eran dous, pero un deles nunha forte tormenta rompeu e agora non queda nada del. O outro segue alí, como vedes nesta imaxe.

Ó terminar fomos merendar a fonte da lamela, a terceira fonte. Aí vimos o antigo lavadoiro que estaba case ao lado da fonte.

 

De volta ó colexio fomos ver a casa torre, que agora mesmo está algo abandonada, onde antigamente o mariñeiro-vixía subíase a fachada da torre para poder divisar o mar e así ver se había algunha balea que cazar para despois avisar ós outros mariñeiros e ir en busca dela. Porque por Burela pasaban moitas baleas preto da costa. Agora as baleas xa non pasan por aquí.

En Burela, nos séculos XVI ao XVIII, pescábase a balea Franca porque era un porto baleeiro e non se pescaba bonito coma hoxe en día. As baleas Francas aportábanlles a súa cantidade de graxa, a súa carne e as súas barbas para facer unha diversidade de cousas moi ampla. Pescábana nuns barcos chamados chalupas. No século XVIII pararon pola súa escaseza. Agora xa non pasa ningunha.

 

Traballo elaborado por Alexandre García Pousa con aportacións de Diego Anello Fernández (6ºA)

 

 

 

 



page | by Dr. Radut