Skip to Content

Saída ás fragas do Eume de 5º e 6º de Primaria

O día foi xenial. Saímos do colexio ás 9 da maña e chegamos ali ás 11. No Centro de Interpretación das fragas, vimos un documental sobre a fauna e flora das fragas. Logo de merendar, empezamos a camiñar varios quilómetros sen atopar ningún animal xa que prefiren saír de tarde noite. O que si puidemos observar foron diferentes árbores autóctonas (carballos, castiñeiro, bidueiros,...).

 

Chegamos á ponte colgante onde só podían cruzala un máximo de 10 persoas e non se podía saltar nela, pero algún gracioso e graciosa pasou a ponte saltando... Dende o outro lado da ponte puidemos ver restos dun caneiro, unhas construcións usadas para pescar con nasas.

A continuación, fumos ver unha parte da fraga chea de castiñeiros. Alí explicousenos para que servían as corripas das que só quedan as bases circulares de pedra: alí se almacenaban os ourizos coas castañas para que non as comeran os animáis. Os gases desprendidos pola podremia da materia orgánica (ourizos) constituían un biocida natural que evitaba a aparición de vermes. A castaña era a base da alimentación e por iso era tan importante almacenalas e conservalas en bo estado.

Ao acabar de comer nunha praia cercana a Pontedeume demos un paseo e vimos o Torreón dos Andrade onde fixemos unha foto de grupo.

De vólta ao colexio, paramos en Viveiro para ver as semellanzas da paisaxe e da ponte coas de Pontedeume. Tamén puidemos deternos a ver a porta de Carlos V, construída en 1548 en honor do emperador Carlos I de España e V de Alemania. A porta actual é de estilo renacentista plateresco e consta de dous corpos e un teito. Na parte inferior do corpo están os escudos de Galicia e Viveiro e na parte superior móstrase o Escudo Imperial onde atopamos o busto de Carlos V con cetro e coroa. En 1942, foi declarada Monumento Histórico Artístico Nacional.

Chegamos ao colexio á hora prevista, ás 18.00 horas. Foi un día moi divertido no que aprendimos moitas cousas.



page | by Dr. Radut