Skip to Content

Charla da Garda Civil: Riscos no uso das novas tecnoloxías

O martes 14 de novembro os alumnos de 5º e 6º de primaria asistiron a unha charla moi interesante sobre as novas tecnoloxías e os seus riscos, se non se toman as medidas de seguridade e as precaucións suficientes. O garda civil que se desprazou ao noso centro deu pautas e consellos sobre o uso de internet, redes sociais e xogos (tanto para ordenadores coma teléfonos móbiles). Tamén contestou a preguntas dos alumnos e insistiu na importancia da prevención para evitar situacións moi desagradables e incluso perigosas. Esta charla preventiva foi completada con outra dirixida aos pais e nais de alumnos e que se celebrou conxuntamente para as familias do noso colexio e as do CEIP Virxe do Carme.

 

 



page | by Dr. Radut