Skip to Content

Actividades no supermercado

O pasado mércores día 8 de novembro, os alumnos de 5º de primaria tivemos unha charla no colexio. Os temas tratados foron: "hábitos de vida saudables" e "consumo responsable". A persoa que se encargou desta actividade foi a mesma que no mes de outubro nos atendeu no Eroski para levar a cabo as actividades de "Matemáticas no super" e "Un almorzo saudable". Nesta ocasión, ao rematar a charla, desprazámonos ao Eroski en autobús, porque chovía, e alí tivemos a parte práctica. Tamén tivemos xogos e unha merenda moi rica e saudable a base de froitas. Moitas grazas ao equipo do Eroski que se portou moi amablemente con nós e cos que aprendemos moitas cousas novas e útiles.

 



page | by Dr. Radut