Skip to Content

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 4

 

 

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 4

 

Hoxe levantámonos, coma sempre, ás 7:30, vestímonos e fomos almorzar; todo estaba moi rico.

Máis tarde collemos o autobús rumbo a Boobejaanland onde o pasamos moi ben.

Puidemos montar en todas as atraccións e aínda que algunhas supoñían un gran reto para nós, conseguimos vencer o medo.

Foi un día moi intenso no que xunto cos nosos compañeiros finlandeses, rumanos e gregos, compartimos experiencias apasionantes.

Chegou o momento de volver  ao hotel onde despois de ducharnos, cenamos e tivemos tempo libre para continuar gozando das nosas novas amizades.

Nós quedabámonos unha semana máis, pero... non pasa nada!!!

Un bico forte da habitación 215

Alejandro, Fernando, Joaquín, Marcos e Jorge F.

 

 

 



blog | by Dr. Radut