Skip to Content

blogue deadmin

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE 2013

A Deputación de Lugo entregou ao centro unha árbore e máis concretamente un bidueiro que os nenos e nenas de 3º ciclo decidiron bautizar: "Milfollas". A plantación levouse a cabo o pasado 22 de marzo no xardín do colexio. Jan, a nosa mascota Comenius tamén estivo presente nese acto. Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron experimentos relacionados coa auga coas monitoras de GAIA do Concello de Burela.


DÍA DA ÁRBORE

Gañador do xogo de pistas deste ano: o Curso de 4º B. A resposta foi o limoeiro. O pasado 21 de marzo (DÍA DA ÁRBORE) a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Burela acompañada pola monitora de GAIA fixeron entrega ao centro escolar dunha preciosa árbore que foi plantada ese día no patio do colexio polo alumnado gañador de 4º B e que tamén recibeu un diploma. NORABOA aos gañadores e felicitacións a todos os demáis cursos participantes.... Máis información aquí


IRELAND IN THE SPOTLIGHT

Presentación elaborada por los alumnos/as de 5º de Primaria. Fué elaborada de forma colaborativa con "Google Drive" a partir de las presentaciones en Powerpoint realizadas en inglés por los los alumnos/as de St. Joseph's Primary School en Dungarvan (Irlanda).

Aquí  

 

MARZO: COÑECEMOS IRLANDA

Dentro do noso Proxecto Europeo Comenius "Pleased to meet you" queremos coñecer Irlanda e donde viven os nosos compañeiros deSt. Joseph's Primary School (Dungarvan). Os nenos e nenas de 5º de Primaria estiveron investigando e prepararon un traballo colaborativo con "Google Drive" que presentaron aos seus compañeiros/as e profesorado. No seguinte "Smilebox" invitámosvos a ver un resumo do acto que tivo lugar o pasado venres 22 de marzo de 2013.

Click to play this Smilebox greeting

Distribuir contido


by Dr. Radut