Skip to Content

blogue deadmin

DÍA DA PAZ 2014

O xoves 30 de xaneiro, festexamos o DÍA DA PAZ. Este ano no colexio, a celebración xirou en torno á figura do recentemente falecido NELSON MANDELA. A continuación podedes ver un proxecto elaborado de maneira colaborativa polo alumnado do noso centro.  MADIBA foi un gran defensor dos dereitos humanos. Este Premio Nobel da Paz loitou pola igualdade, a tolerancia, a xustiza.... e utilizou o deporte como via unificadora dos xoves sudafricanos. Noraboa polo resultado final que podedes ver premendo aquí.

E neste vídeo podedes ver fotos dos distintos momentos da presentación deste traballo.
 

FESTIVAL: Nadal 2013

 

Que ben o pasamos na nosa Festa do Nadal: Bailamos, cantamos.....!!!! Os Reis Magos visitaron o noso colexio para recibir as cartas dos máis pequenos e agasallarnos a todos cun detalle do Nadal... A Asociación de Nais e Pais de alumnos encargaron uns roscóns de reis moi ricos....

Desexamos, de todo corazón, que teñades unhas marabillosas festas. Bo Nadal e os nosos mellores desexos para o ano 2014 !!!! As clases reanudaranse o Xoves 9 de xaneiro 2014....

Preme aquí para ver máis fotos da visita dos Tres Reis Magos..

No seguinte SMILEBOX podedes ver un resumo das actuacións do noso Festival do Nadal: 

    

Click to play this Smilebox scrapbook
 
 

                                                      

RECETAS DO NADAL

Este ano decidimos investigar sobre as comidas típicas do NADAL nos diferentes países socios no noso Proxecto Europeo Comenius: "PLEASED TO MEET YOU". A continuación podedes ver o resultado:

 

BO NADAL!

Mirade que Belén orixinal fixemos este ano entre todos  con culleres de plástico! Pincha na foto para ver con máis detalle os elementos....

Distribuir contido


by Dr. Radut