Skip to Content

blogue deadmin

Center Parcs de Vossemeren e familias

Bélxica 2013 - 4ª Etapa  

Hoxe tiñamos previsto ir en bicicleta con Greet e co seu pai, pero por cuestións meteorolóxicas non puidemos asistir. Así pois, recorremos ao plan B: saímos no autobús para Center Parcs de Vossemeren. Alí xogamos, nadamos e desfrutamos de tobogáns e pontes colgantes. Pasámolo moi ben!

Parque temático e de atraccións Efteling

 

Bélxica 2013 - 3ª Etapa 

Saímos ás 9:00h cara a Holanda para dirixirnos ao parque temático e chegarmos sobre as 10:15h.

Nada máis velo, xa nos pareceu espectacular.

Ás 12:00h tomamos o xantar no mesmo parque.

Ao principio vimos a parte dos contos populares e despois deixáronnos montar nas atraccións libremente. Algunhas daban un pouco de medo, pero eran divertidísimas.

Viaxe a Bélxica: Hoxe, xornada coas familias

Bélxica 2013 - 2ª Etapa 

Despois de almorzar saímos do hotel para o colexio “G.B.S. de Bosmier”, onde nos recibiu a directora.

Comemos uns “perritos calientes” e fixemos uns xogos cos belgas e coñecemos aos/as nenos/as.

A VIAXE E O NOSO PRIMEIRO DÍA EN BÉLXICA

Bélxica 2013 - 1ª Etapa 

Ler máis (e fotos)

  Na saída das catro da mañá a despedida das nosas familias foi moi emotiva.

Tardamos aproximadamente oito horas en chegar a Madrid, pero non nos aburrimos. Vimos unha película que, ás veces, Cristóbal paraba para explicarnos moitas cousas moi interesantes e divertidas sobre Castela e León.

Distribuir contido


by Dr. Radut