A ESCOLA DO ROCÍO

 

 

 


Somos un centro multicultural,  integrador e aberto. Achegado as nosas tradicións e a nosa lingua, que ao tempo aposta polas novas tecnoloxías integrándoas no quefacer diario.

 

Traballamos en valores, conscientes de que o noso labor é a formación integral dos nosos alumnos.

 

Colaboramos e interactuamos coas familias, a contorna e as institucións da nosa cidade, cos ollos postos no horizonte do noso planeta.

 

Loitamos pola igualdade, especialmente a de xénero, tentamos fomentar no alumnado espírito crítico, animándoo a valorar o que se fai ben e a buscar alternativas para o que se fai mal.

 

O noso obxectivo é que os  alumnos deixen a escola cunha boa formación e con criterio propio sobre o mundo que coñecen.

 

Dende o  curso escolar, 2015/2016,  a Aprendizaxe Cooperativa integrouse nas aulas do Rocío, chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. É un instrumento ideal para  lograr a inclusión e a cohesión social, e  permitenos o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado. Os contidos traballados con esta metodoloxía afiánzanse máis.

 En resumo podemos decir que nas aulas  do Rocío,  o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas o que permite acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe. O traballo desenvólvese en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe. Deste xeito lograremos que os nosos alumnos sexan  persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanas.

 Un xeito divertido de facer unha presentación da escola o pasado festival de Nadal.

PREME NA IMAXE

AdxuntoTamaño
20161007_145151(1).jpg7 MB
CONTRA 19.jpg3.26 MB

Back to top