MATERIAIS E LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Premendo nos cursos correspondientes, teredes a listaxe de materiais necesarios para o vindeiro curso. Se clicades na etiqueta libros, poderedes ver os textos de calquera dos cursos.

Bo verán!

Lembrade que voltamos ás aulas o vindeiro día 8 de setembro.

 

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/62bde7a85c4a1b0019cb9199" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/62bde7a85c4a1b0019cb9199" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

AUTODECLARACIÓN COMEDOR CURSO 2022/2023

No día de hoxe, envia a Consellería as instruccións de comedor de xestión indirecta. Nelas indica que antes do 8 de setembro, deben estar entregadas as autodeclaracións dos usuarios do servizo.

Adxúntase o modelo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Preme na imaxe, atoparás publicados os libros de texto que serán utilizados o vindeiro curso escolar 2022/2023

MATRÍCULA CURSO 2023/2024

 PRAZO de MATRÍCULA do NOVO ALUMNADO:

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Comeza o prazo de formalización de  matrícula para o vindeiro curso.

 Familias, podedes pasar pola escola para encher a documentación de matrícula a partir do vindeiro luns 20. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

 Para a formalización da matrícula tedes que pasar pola escola e recoller o sobre coa documentación a cubrir e traer a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar)
  • Fotocopia do libro de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías de tamaño carné.

Para descargar a documentación e cubrir en liña, prema na seguinte ligazón

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/?q=node/51

 

PLAN DIXITAL DE CENTRO

O PLAN DIXITAL DE CENTRO é un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Asimesmo contribúe ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro:

  • proxecto lector,
  • plan de dinamización da lingua galega,
  • plan de atención á diversidade, plan de convivencia,
  • programas de innovación educativa, ...

Seguindo as instruccións da Consellería adxuntase este  PLAN DIXITAL DE CENTRO 

como adxunto para dar publicidade e coñecemento do mesmo a toda a comunidade Educativa.

 

NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 20 DE MAIO DE 2022

Xúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 22/23

 Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.

 

Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

 

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

 

 

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente terán que entregar  no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).

 

Prazo de presentación:

ABERTOdende 19 de maio ata o

30 de setembro de 2022

Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día.

 

 

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Hoxe sae publicada a

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por via telemática a través de CHAVE 365.

De facelo presencialmente na escola deberán ter cubertos os anexos I e II.

Lembrar que na solicitude destas axudas terase en conta o exercicio fiscal 2020.

ANEXO I

ANEXO II

 

ACTUALIZACIÓN DOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN

Sequindo as instruccións dadas pola inspección educativa e cumprindo o establecido na Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, procédese a dar publicidade da modificación da concreción curricular das programacións didácticas aprobadas polo claustro o 27 de abril de 2022.

 

 MÍNIMOS ESIXIBLES POR CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA

 

MÍNIMOS ESIXIBLES POR CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA
1º EP 4º EP
2º EP 5º EP
3º EP 6º EP

 

 

Distribuir contido

Back to top