Letras Galegas 2019

O xoves 16 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas. 

Primeiro escoitamos aos nenos e nenas de 6ºEP, que leron unha pequena biografía sobre o autor homenaxeado este ano: Antón Fraguas Fraguas.

Logo cantamos "O moucho", cantiga incluida na obra "Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade".

Por último, bailamos unha muiñeira todos xuntos para celebrar con orgullo a nosa identidade galega.

Para ver o vídeo coas actividades realizadas preme na imaxe.

Letras Galegas 2019