2020/2021

CIENCIA NA BIBLIOTECA: A PRESIÓN ATMOSFÉRICA

 

   
Sabedes o que é a presión atmosférica?

   Parécevos difícil de entender?

   Pois con este experimento que fixeron xs alumnxs de Infantil B durante Novembro, o mes da ciencia en galego na biblioteca poderes comprobar os seus efectos sobre un papel e un vaso de auga.

 
 
 

CIENCIA NA BIBLIOTECA: 5º e 6º primaria

    O alumnado de 5º e 6º de Primaria tamén participou nas actividades e experimentos de Novembro, o mes da ciencia en galego na biblioteca.

 
   Un dos experimentos que fixeron reproduce o bombeo do corazón, estade atentos para comprender ben o seu funcionamento.
 
 
 
    O outro experimento que fixeron explica a formación do bolo alimenticio que se produce durante o proceso dixestivo.
 
 
 
 

CIENCIA NA BIBLIOTECA. XABÓN MÁXICO

   Compartimos hoxe o experimento que durante Novembro, o mes da ciencia en galego na biblioteca; fixo o alumnado de 1º e 2º de Primaria.

 
 
 

     Eles fixeron un experimento chamado Xabón máxico do libro  Mi pequeño manual de experimentos. Agua y luz  de Mélanie Pérez (Ed. Zendrera Zariquiey)

 

     

 

CIENCIA NA BIBLIOTECA: ROUBÁMOSLLE O VERDE ÁS FOLLAS?

  Novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo durante este mes experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.

 
 
 

     Hoxe compartimos queremos compartir o experimento de  Infantil A  no que comprobaron se era posible  roubarlle a cor verde ás follas. Mirade atentos!

 

 
 
 

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA (20/11/2020)

    O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional da Infancia xa que nesta data se firmou a Convención sobre os Dereitos dos nenos. Para saber máis sobre estes dereitos, preme na imaxe correspondente a túa idade e encontrarás unha explicación que entenderás:
 
DE  6  A  8  ANOS
https://infancia.defensordelpueblo.es/es/docs/_CDN_6-8_1ESP.pdf
 
DE  9 A 11 ANOS
https://infancia.defensordelpueblo.es/es/docs/_CDN_9-11_1ESP.pdf
 
   Durante esta semana estivemos a traballar e reflexionar sobre o dereito que nos implica directamente: o dereito á educación, tamén recollido no obxectivo 4 (Educación de calidade) da Axenda 2030.

    Como punto de partida deste traballo utilizamos o libro El camino a la escuela de Rosemary McCarney con Plan Internacional, un álbum fotográfico que nos invita a reflexionar sobre a importancia da educación e ás dificultades que nenos e nenas de diferentes partes do mundo se atopan para poder acceder a ela.

 

 

   Como se sentiron os nosos alumnos e alumnas cando non puideron vir ao colexio polo confinamento?

Que estrañaron? 

Como ven eles a escola? 

Que lles gusta facer no colexio? 

Como veñen eles ao centro?

Onde están os países que aparecen nas fotografías dos libros?

 

Podedes coñecer as respostas a estas preguntas na seguinte presentación

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA (20/11/2020)

    O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional da Infancia xa que nesta data se firmou a Convención sobre os Dereitos dos nenos. Para saber máis sobre estes dereitos, preme na imaxe correspondente a túa idade e encontrarás unha explicación que entenderás:
 
DE  6  A  8  ANOS
https://infancia.defensordelpueblo.es/es/docs/_CDN_6-8_1ESP.pdf
 
DE  9 A 11 ANOS
https://infancia.defensordelpueblo.es/es/docs/_CDN_9-11_1ESP.pdf
 
   Durante esta semana estivemos a traballar e reflexionar sobre o dereito que nos implica directamente: o dereito á educación, tamén recollido no obxectivo 4 (Educación de calidade) da Axenda 2030.

    Como punto de partida deste traballo utilizamos o libro El camino a la escuela de Rosemary McCarney con Plan Internacional, un álbum fotográfico que nos invita a reflexionar sobre a importancia da educación e ás dificultades que nenos e nenas de diferentes partes do mundo se atopan para poder acceder a ela.

 

   Como se sentiron os nosos alumnos e alumnas cando non puideron vir ao colexio polo confinamento?

Que estrañaron? 

Como ven eles a escola? 

Que lles gusta facer no colexio? 

Como veñen eles ao centro?

Onde están os países que aparecen nas fotografías dos libros?

 

Podedes coñecer as respostas a estas preguntas na seguinte presentación

DÍA DA BIBLIOTECA (26/10/2020)

  Como a maioría das cousas este curso, a inauguración da biblioteca que facemos sempre por este día tamén tivo que ser diferente.

  Comezamos coñecendo o novo protocolo de acceso á biblioteca co vídeo elaborado polo alumnado de Investigación e Tratamento da Información de 4º de Primaria.

 

    Un resumo deste protocolo permanece exposto na porta da biblioteca para que a ninguén se lle esquezan as novas normas que temos que cumprir.

 

  Respectando os grupos burbulla e as medidas de seguirade establecidas, tamén levamos a cabo unha formación de usuarios inicial na que recordamos aspectos básicos da organización da biblioteca como a CDU e os máis cativos do cole puideron achegarse a ela e coñecer materiais da biblioteca creativa como as tablillas KAPPA coas que fixeron un montón de torres e mesmo as iniciais do seus nomes.

 
 
 

   Despois da formación de usuarios, cada grupo puido escoller varios libros para encher a caixa da súa biblioteca de aula xa que este ano a Hora de Ler non se poderá facer na biblioteca e cada grupo farao na correspondente titoría. 

   Esta caixa xa contaba con varios libros escollidos polos mestres pero que eles poidan engadir parte das lecturas é unha motivación extra.

 

 

   Polo Día da Biblioteca tamén facíamos todos os anos unha visita á Bibliteca Pública Municipal. Nesta ocasión íamos a presentar o libro infantil Troitiña ilustrado por varios nenos e nenas do colexio na actividade Merendas con Contos da BPM xa que en xuño non se puido facer unha presentación á que asistiran xs ilustradorxs; pero debido ás novas restriccións esta presentación tivo que ser virtual a través dun vídeo.

 

  Neste vídeo interveñen Ada de Agrasar Editores; o autor, Antón Valcárcel, e varios alumnos/as do centro que fan unha lectura das primeiras páxinas do libro. Ademais ao final podemos ver un resumo en imaxes do proceso de ilustración.

 

     Para rematar fixémoslle entrega aos biblioaxudantes do ano pasado dunha mochila - agasallo que envían desde o programa de Voluntariado e do correspondente diploma oficial. Como esta entrega non se puido facer a final do curso pasado queda pendente a entrega aos biblioaxudantes que o ano pasado estaban en 6º de Primaria e este ano xa están no instituto. Esperemos que a situación sanitaria mellore e poidamos facerllos chegar.

 

DÍA DAS ESCRITORAS: YOLANDA CASTAÑO (19/10/2020)

    Hoxe 19 de outubro, conmemoramos no colexio o Día das Escritoras que é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas coa intención de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

    Co lema "O esforzo cotián das mulleres" desde a biblioteca do colexio en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal quixemos dedicarlle este día á escritora galega  YOLANDA  CASTAÑO  ilustrando e recitando algúns poemas do seu libro Verdedades (Ed. Biblos).

 
   No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo da súa biografía, o traballo que realizaron os nosos alumnos e alumnas cos seus poemas e tamén unha sorpresa final...

    Outro dos libros que traballamos foi Punver (Ed. Galaxia), un libro no que a autora conta as aventuras dun pequeno punki vermiño que non ten mal corazón pero é un desastriño.

   Para coñecer a historia de Punver podedes escoitar o seguinte podcast no que Dunia e Julia narran as  aventuras do vermiño nunha emisión de Lecturradio, o programa para escoitar lecturas na nosa radio.

 
  Para completar esta conmemoración tamén queremos compartir con vós unha escolma de textos de escritoras galegas feita pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, na que poderedes encontrar textos das autoras nomeadas no vídeo: RECOMPLILACIÓN  DE  TEXTOS  DE  ESCRITORAS  GALEGAS.
 
 
       E antes de rematar esta conmemoración, queremos darlle MOITÍSIMAS  GRAZAS  A  YOLANDA  CASTAÑO   POLO  CARIÑO  CO  QUE  RECIBIU  A NOSA PROPOSTA  E  POLO  SEU  VÍDEO  QUE  TANTA  ILUSIÓN  LLE  FIXO  AO  NOSO  ALUMNADO: 
 
UNHA  APERTA  MOI  GRANDE  DESDE  SOBER!
 

 

RADIO BULEBULE (2/10/2020)

 Hoxe os nenos e nenas de Primaria puideron gozar do espectáculo RADIO BULEBULE baseado no libro-disco do mesmo nome de Paco Nogueiras (Ed. Kalandraka).

 
     Neste espectáculo de animación á lectura, simúlase a emisión dun programa de radio en directo combinado con cancións moi divertidas mentres imos pasando polas diferentes seccións: deportes, servizos informativos, moda, o tempo meteorolóxico...

 

   E, para rematar, o autor deixounos "Apertas brincadeiras para todos os lectores e lectoras do CEIP Virxe do Carme de Sober"

 
MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  DE  SOBER 
POR  OFRECERNOS  ESTA  ACTIVIDADE  TAN  DINÁMICA  E  DIVERTIDA
A  TRAVÉS  DO  PROGRAMA  CULTURA  NO  CAMIÑO!!

 

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR (Txt: Asesoría de Bibliotecas Escolares)

  Xa coñecemos o lema escollido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2020/2021: 

  XEOGRAFÍAS  LECTORAS  NA  BIBLIOTECA  ESCOLAR  

 
    «XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros... »

 

Distribuir contido