Radio

LECTURRADIO:As túas lecturas na nosa radio (4/4/18)

   Lecturradio é o programa no que o noso alumnado recomenda aos seus compañeiros e compañeiras libros que leron e lles gustaron.
 
   Nesta ocasión Adrián recomenda o libro que nos achegaron desde a Deputación de Lugo para conmemorar a semana da árbore e da auga: A invención do salgueiro de Xose A. Perozo e Viki Berre.

    Xoán recoméndanos O mozo rei Artur adaptado por Josep Antoni Fluixá

ENTREVISTA AO ALCALDE (20/3/2018)

   Hoxe tivemos nas instalacións radiofónicas do colexio a Luis Fernández Guitián, alcalde do noso concello e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, ex-alumno do centro e na actualidade, ligado ao centro tamén como pai de dúas alumnas.
 
   O alumnado de 3º e 4º de Primaria foi o encargado de facerlle esta entrevista na que puidemos coñecer moitas cousas sobre a Feira do Viño de Amandi que se celebrará esta fin de semana.
 

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

   Esta semana conmemórase a Semana Escolar da Árbore e da Auga e como vimos facendo nos últimos anos participamos nas actividades propostas pola Deputación de Lugo coa intención de aprender moitas cousas sobre a natureza da nosa provincia e aprender a respectala.
 
   Hoxe comezamos a semana coa lectura do libro A auga, o dragón e o salgueiro de Xosé A. Perozo, o libro que publicaron este ano para o alumnado de Educación Infantil.
    Os biblioaxudantes Ángel, Mateo e Henry foron os encargados de ler esta historia na biblioteca ao resto do alumnado e gravala para a radio.
 
    Despois cada alumno de infantil levou o seu exemplar para que o coñecemento e o respecto pola natureza chegue tamén ás súas casas.

SEMANA DA PRENSA (Do 5 ao 9 de MARZO de 2018)

    Do 5 ao 9 de marzo conmemorouse en tódolos centros educativos de Galicia a Semana da Prensa.
 
    Durante esta semana, a hora de ler estivo adicada á prensa escrita de xeito que a lectura escollida para este tempo tiña que ser un xornal.
 
 
 
    Pero como a prensa non se refire só aos medios escritos e agora temos un labotorio de radio na biblioteca escolar, non podía faltar nesta semana a emisión de Sobericias, o informativo radiofónico de Radiuvín que contou con todos os alumnos do centro como reporteiros.
 
     Os reporteiros de Educación Infantil foron os encargados de gravar a introdución aos informativos e os reporteiros de primaria encargáronse de pescudar ás novas a emitir. Estas novas tiñan que cumprir dúas condicións: que viñesen publicadas nos xornais dos días correspondentes á Semana da prensa e que fosen positivas.

     Os informativos resultantes con noticias dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, podédelos escoitar nos seguintes enlaces.

CLUB DE LECTURA Lengua Castellana - 3 y 4º Primaria

    Esta é a primeira emisión do club de lectura de Lengua Castellana que teñen os nenos de 3º e 4º de primaria.
 
    Neste programa Pablo e Xoán que falarannos sobre o libro El rey del sábado noche (Serie Bat Pat 6) de Roberto Pavanello. Editorial Montena.

RADIUVÍN: A cousa que máis doe do mundo (16/02/2018)

   Aquí tedes o podcast da lectura dramatizada do conto O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora) co que traballamos o Día da Paz nas voces de Uxía, Manuel, Francesca, Héctor e Laura Melinda.
 

Distribuir contido