Radio

O EMOCIONANTE DÍA DE PITI O CARACOL

      Un dos grupos de padriños lectores era o formado por Mara, Loïc e Mateo para contar O emocionante día de Piti o caracol de Sandrine Lhomme; (Baía Edicións) pero por ausencia de Loïc no último momento, foi substituído por Laura Gómez.
 
 
  No seguinte podcast podedes escoitar a súa historia. 

DÍA DO LIBRO (23/4/2018)

     O día 23 de abril, celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor dende que a Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, aprobou esta data co obxectivo de “fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor” 

 
        Escolleuse este día xa que é a data na que faleceron autores como Cervantes, Shakespeare ou Inca Garcilaso de la Vega
 
      Cada ano, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia fannos chegar un díptico conmemorativo cun texto agasallado por un galego ou unha galega relacionada co mundo dos libros e das bibliotecas. 
 
Este ano o texto é de Fran Alonso, escritor, editor e periodista; que facendo uso da ironía explícanos algúns dos efectos da lectura.

 

      No seguinte podcast, podedes escoitar a Pablo, Brais, Adrián, Xoán e Valentina no programa radiofónico adicado a este día.

DE CAMIÑO A RADIUVÍN (20/4/18)

    Debido á distribución do noso cole e da nosa biblioteca, xa sabedes que o laboratorio de radio de Radiuvín non está físicamente dentro da biblioteca.
 
    Por iso, os biblioaxudantes estiveron sinalizando o camiño que nos leva desde a biblioteca ata Radiuvín: fixeron as frechas, pegáronnas, sinalizaron o estudo e gravaron un vídeo onde se explica o camiño.
 
 
 
 UN  TRABALLO  EXCELENTE!!
NORABOA  BIBLIOAXUDANTES!!

RADIUVÍN: Entrevista a Mari Luz

     Hoxe pasou polos estudios de Radiuvín, unha invitada moi especial: a nosa cociñeira Mari Luz.
 
     Ela comparte con nós o día a día do centro dende fai varios anos sendo unha peza fundamental da vida cotiá, pois sen ela seguro que non estariamos tan ben mantidos.

MOITAS  GRAZAS  MARI  LUZ,
POR  ESTA  ENTREVISTA  E  POLO  TEU  BO  FACER!!

LECTURRADIO: AS TÚAS LECTURAS NA NOSA RADIO

   Lecturradio é o programa no que o noso alumnado recomenda aos seus compañeiros e compañeiras libros que leron e lles gustaron.
 
    Hoxe Senén, entrevistado por Jorge, recomenda o libro A viaxe de Gulliver a Liliput de Jonatahn Swift (Edicións Émbora)

 
    A seguinte recomendación é de Brais, entrevistado por Adrián, que nos veu a falar do libro O bigote de Mimí de Manuel María.

COÑECENDO A NOSA CONTORNA E O NOSO COLEXIO

    Nesta nova emisión de Radiuvín, escoitaredes outro dos programas elaborados na xornada de formación radiofónica para o alumnado na que se lles propuxo o reto de facer un programa sobre a nosa contorna e o colexio.
 
     Para esta gravación, o equipo formado por Ángel, Manuel, Gisela e Francesca tivo que facer un traballo previo de Educación documental e de redacción do guión do programa.
 
    Aquí tedes o resultado de tanto traballo.
 

I XORNADAS DE DINAMIZACIÓN E VALORIZACIÓN DO RURAL (4/4/2018)

     A asociación Sober Vivo, organizou en marzo as  I xornadas de Dinamización e Valorización do rural.
 
    Unha das actividades destas xornadas foi A infancia e o coidado do Medio Ambiente, unha Xornada Didáctica na que participamos case todos os alumnos e alumnas do centro e na que visitamos o Souto de Lobios e o Piñeiral de Doade e participamos na plantación de 200 castiñeiros.
 
 
   Para saber máis desta asociación e das xornadas que organizaron, tivemos en Radiuvín a Euloxio López, Suso Verao e Felipe Castro, que respostaron as preguntas de Mara, Uxía, Laura Rodríguez e Aitana.

  MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  E  POR  CONTAR  CO COLE PARA ACTIVIDADES COMA ESTAS!!
 

COÑECENDO A NOSA CONTORNA E O NOSO COLE

    Nesta nova emisión de Radiuvín, escoitaredes un dos programas elaborados na xornada de formación radiofónica para o alumnado na que se lles propuxo o reto de facer un programa sobre a nosa contorna e o colexio.
 
     Para esta gravación, o equipo formado por Henry, Aitana, Laura Melinda, Verónica e Héctor tivo que facer un traballo previo de Educación documental e de redacción do guión do programa.
 
    Aquí tedes o resultado de tanto traballo.
 

RADIO NA BIBLIO: Formación alumnado (4/4/18)

    O primeiro foi tomar conciencia da importancia da locución: entoación, pausas, expresión de emocións, traballo coa voz... e a continuación facer varios exercicios para tratar de poñer en práctica o aprendido.
 
   Despois propuxéronselle tres retos ao alumnado para elaborar os guións correspondentes a tres programas de radio diferentes: un programa de recomendacións lectoras a través dunha entrevista a outro compañeiro, unha lectura dramatizada a que engadimos sons e música libres  e outro programa sobre o noso concello para o que debían investigar na rede toda a información necesaria.
 
    Por último, os nosos alumnos e alumnas aprenderon a utilizar o programa de gravación e a mesa de mezclas para gravar eles mesmos os programas anteriores.
 

RADIO NA BIBLIO: FORMACIÓN DO ALUMNADO

    Hoxe tivemos no centro a segunda sesión de formación do proxecto Radio na Biblio a cargo dun representante de Rede espora para o alumnado de 3º a 6º de primaria.
 
    O primeiro foi tomar conciencia da importancia da locución: entoación, pausas, expresión de emocións, traballo coa voz... e a continuación facer varios exercicios para tratar de poñer en práctica o aprendido.
 
   Despois propuxéronselle tres retos ao alumnado para elaborar os guións correspondentes a tres programas de radio diferentes: un programa de recomendacións lectoras a través dunha entrevista a outro compañeiro, unha lectura dramatizada a que engadimos sons e música libres  e outro programa sobre o noso concello para o que debían investigar na rede toda a información necesaria.
 
    Tamén, os nosos alumnos e alumnas aprenderon a utilizar o programa de gravación e a mesa de mezclas para gravar eles mesmos os programas anteriores.
    Por último, o alumnado participante na formación recibiu un diploma acreditativo da mesma e o carnet que os acredita como técnicos de radio.
 
 
Distribuir contido