Radio

DÍA DA MULLER - 3º PROGRAMA (11/3/2020)

Hoxe realizamos a terceira actividade para conmemorar o Día da Muller 2020 e a Semana da Prensa deste ano.

 

    Na terceira sesión os alumnos de 3º que faltaban, presentados por Laura e Pablo, nos achegaron a figura doutras catro mulleres importantes na historia:
 
Mencía presentounos a Mary Anning,

 

Gareth expuxo a investigación de Cristian sobre Ashley Fiolek,

 

Darío presentounos a unha das primeiras heroínas de cómic: Capitana Marvel

 

e Iria púxolle voz ao traballo de Lucas Fernández que elixira a Isadora Duncan.

 

Para escoitar todo o que investigaron sobre a interesante vida destas mulleres podedes escoitar a terceira emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020
 

 
 

DÍA DA MULLER - 2º PROGRAMA (10/3/2020)

 Como dixemos onte, para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa deste ano realizaremos varias actividades na biblioteca que despois trasladaremos aos estudios de Radiuvín.

 

    Na segunda destas actividades varios alumnos de 3º presentados por Laura e Pablo, nos falaron sobre a vida e os logros acadados por mulleres da historia.
Gareth compartiu con nós á vida de Irene Fernández,
Liberdade e Valeria investigaron sobre Cleopatra,

 Yanira e Susana escolleron a Santa Teresa de Xesús

 e Gissela e Iria reamtaron falándonos sobre Mercedes Mariño.

 

Para saber máis sobre a interesante vida destas mulleres non dubidedes en escoitar a segunda emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020
 

 
 

DÍA DA MULLER - 1º PROGRAMA (9/3/2020)

   Para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa este ano realizaremos varias actividades na biblioteca que despois trasladaremos aos estudios de Radiuvín.
  Hoxe comezamos con Pablo Pérez e Laura Gómez falándonos do motivo da conmemoración deste día o 8 de marzo e as razóns polas que é necesaria.
 

  Despois o alumnado de 1º e 2º de Primaria leu o libro Las chicas pueden con todo de Caryl Hart (Ed. Cubilete)

Na seguinte emisión de Radiuvín podedes escoitar todo o que nos contaron e nos leron:

 

ENTREGA DE PREMIOS PROVINCIAIS CERTAME DE NADAL - BIBLIOTECA NODAL LUGO (3/3/2020)

   O venres día 28 de febreiro, Brais Rodríguez Álvarez, un dos nosos alumnos de 5º de Primaria, recolleu o premio acadado no Certame de Poesía Infantil "Nadal 2020" convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
 
 

    Durante o acto de entrega de premios tamén fixo lectura do seu poema "Un soño"

 

    Se queredes saber cómo se sentiu ao recoller o premio e escoitar o poema na súa propia voz, podedes facelo no seguinte podcast de Sobericias, o programa que conta as mellores noticias.
 

 
NORABOA  BRAIS!!
ESPERAMOS  QUE  SIGAS  ESCRIBINDO POESÍA!!
 

VENRES DE ENTROIDO (21/02/2020)

    Hoxe venres é o día grande de Entroido no colexio porque é o día que nos disfrazamos co disfrace que levamos facendo desde hai un mes: OS BOSQUES DE SOBER.
 
   Con estes disfraces feitos todos con sacos de papel pintados quixemos facer fincapé na importancia da natureza, da reciclaxe e da loita polo medio ambiente comezando polo que temos máis preto que son os nosos bosques como pide a Axenda 2030 no obxectivo 13 (Acción polo clima) e no obxectivo 15 (Vida de ecosistemas terrestres).
 
   Por iso convertémonos en parte da nosa natureza facendo disfraces de animais propios da nosa contorna: coellos de monte, raposos, corzos, xabarís, lobos e tamén árbores que queren ficar nos Bosques de Sober.

 

 

  
    E que mellor que comezar esta xornada escoitando aos nosos biblioaxudantes Laura, Xoán e Brais ler a historia dun coello e un raposo? 
  
 
   Federico na Silveira de Xosé Miranda é a historia en verso do coello Federico que sae da súa casa para facer unha excursión pero cae na trampa do temible raposo... que lle pasará? Será quen de librarse do raposo con algunha intelixente trasnada? 

    Para saber o destino de Federico podedes escoitar a historia no seguinte podcast.

 

 
   A media mañá acompañados polas familias e polos ratiños e ratiñas do PAI foi o momento do desfile polas rúas de Sober ata a praza do Concello onde nos esperaba o alcalde e outro persoal do concello para repartirnos unhas bolsas de chuches.

 
O desfile rematou coa tradicional visita á residencia de maiores Virxe do Carme.
 
   
   Rematado o desfile, volvemos ao colexio onde tocou despedir ao profe Gabriel que levaba con nós desde principio de curso facendo una substitución.  Esperamos que non se olvide do seu paso por este centro e que veña a facernos algunha visita!
 
 
     Pola tarde foi o momento do disfrace libre: príncipes, princesas, héroes, mimos, guerreiros, animais, unicornios... todo ten cabida nesta festa e todos pasaron polo croma para facerse unas fotiños.
 
 
   Podedes ver todas as imaxes do desfile e do disfrace libre no seguinte enlace:
 
 
PARA  REMATAR  QUEREMOS  DAR  AS  GRAZAS  A  TODAS  AS  FAMILIAS  DE  ALUMN@S  E  EXALUMN@S  QUE  COLABORARON  NESTE  ENTROIDO  APORTANDO  SACOS  DE  PAPEL  PARA  O  DISFRACE.
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!
 
 

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: PROENDOS

    Este venres achegámonos a Proendos acompañados por Paula Vázquez Verao e Alfonso Campos, a nai e o pai Estrela, a nosa compañeira de Educación Infantil .
 

     Con esta saída didáctica quixemos coñecer os vestixios históricos que existen nesta parroquia e documentarnos para o programa Coñecendo os nosos concellos.

 
    Os restos máis antigos que vimos foron os petróglifos que son gravados en rochas  que se conservan desde a Prehistoria. Aínda que non foi o único, o máis grande que vimos foi o Petróglifo do Xestal que se atopa dentro dunha finca privada e está formado por "8 círculos concéntricos, cun diámetro total de 43 cm. Do seu centro, ocupado por unha cazoleta, saen dous surcos" (Texto: O Colado do Vento, preme para máis información)
 
 
 
 
 
    Outra época da que hai moitos restos e que na actualidade se está estudando é a época romana. Cos recentes descubrimentos do xeorradar, confírmase a existencia da antiga Proentia pero aínda sen esta tecnoloxía a súa existencia era innegable pois simplemente camiñando polo núcleo de Proendos observamos restos da época que forman parte de  diferentes construcións; restos que a xente utilizou para as súas vivendas e que se poden ver a simple vista: columnas, pedras, capiteis, un trisquel, pedras de muíño...
 
 
 
 
 
 
  
 
   E outros que eles nos ensinaron porque están máis ocultos; por exemplo esta ara romana da que pola súa posición, so podemos ver a parte de arriba na parede dunha vivenda.
 
 
      Neste percorrido polo núcleo da parroquia tamén puidemos ver a arquitectura nobiliaria da casa dos Ojeas, do s. XVII.

 

      Dando un salto no tempo, chegamos ao século XII e visitamos a Igrexa de Santa María de Proendos na que tamén podemos observar restos romanos nunha das columnas do arco triunfal que da paso á ábsida. Ademais atopamos plantas e flores nos capiteis e pinturas que nos contan feitos de Nadal: "A adoración dos Reis Magos", "A adoración dos pastores" e "A fuxida de Exipto"...

     Xa no exterior, ensináronnos unha roseta que se atopa no chan e que pode estar relacionada coa simboloxía da luz: coa idea de que a igrexa nos libra das tebras e nos leva á luz xa que entramos polo Oeste e imos camiñando cara ao altar que está no Leste, por onde sae o Sol.

 
 
 
 
  MOITAS  GRAZAS  A  PAULA  E  ALFONSO  POR  GUIARNOS NESTA  VISITA!!
 
 
      Como resultado de todo o que aprendemos nesta saída deixámosvos a seguinte emisión do programa Coñecendo os nosos concellos que inclúe unha entrevista a Paula feita por Senén, Adrián, Pablo e Pilar:
 

 

OBRADOIRO DE RADIO: ESCOLAS NAS ONDAS (24/01/2020)

   Participar por terceiro ano no Proxecto Radio na biblio destinado a centros que forman parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), permítenos contar con formación no centro para o noso alumnado.
 
   Para a formación deste ano achegouse ao centro Damián Alonso a través da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!.
 
   El é actor de dobraxe en documentais, series animadas, series para adultos, películas... que podemos escoitar en Discovery, Clan TVE, AXN White... como podedes ver no seguinte vídeo:
https://vimeo.com/232002369
 
 
  O obradoiro Escolas nas ondas constou de tres partes. Na primeira os nenos traballaron a locución tendo en conta aspectos como a transmisión da mensaxe (dicción, articulación, volume, velocidade, ton...) ou a adecuación da locución ao tipo de mensaxe (noticia, narración, publicidade, diálogos...).
  
 
 

 

   Na segunda parte comezamos coa parte técnica centrándonos no programa Audacity, programa de gravación e edición de audio no que os nenos e nenas aprenderon  a utilizar comandos como amplificar ou reducir volume, modificar o tempo, a velocidade, o ton...
     
 
   Para rematar elaboraron entre todos un programa de variedades. Comezaron pola distribución de tarefas e a redacción do guión ou escaleta.
   
 
  Despois foron pasando polos estudios de radio na biblioteca de xeito que todos fixeron de locutores e de técnicos de son encargándose da mesa de mesturas e da gravación.
   
 
 Neste programa tiveron cabida a música, as noticias, curiosidades, consellos de ecoloxía, publicidade, cine... non volo podedes perder!!

   Moitas grazas a Ponte...nas ondas! e a Damián Alonso por este obradoiro tan completo e divertido e por suposto ao Proxecto Radio na biblio polas posibilidades que nos brinda.  Seguro que lle sacaremos moito proveito!!
 
 

XORNADA DE FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA (25/10/2019)

   Temos a sorte de que o noso colexio este ano siga formando parte dos proxectos Radio na biblio e Biblioteca Creativa.

 

   Este venres, celebrouse en Santiago a Xornada Biblioteca Creativa na que participamos todos os centros galegos que forman parte deste proxecto.
 
   A xornada foi inaugurada por José Manuel Pinal Rodríguez (Director Xeral de Centros e Recursos Humanos) e tamén contou coa presenza de Carmen Pomar Tojo (Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional).
 
 
   Para esta xornada, a Asesoría de Bibliotecas Escolares seleccionou o proxecto radiofónico colaborativo que levamos a cabo entre o CEIP A Pobra do Brollón e o noso como unha experiencia para expor aos outros centros escolares:  Coñecendo os nosos concellos.

    Nesta exposición Dora, directora e responsable de Biblioteca do CEIP de A Pobra, e Flora, responsable de biblioteca do noso centro; compartiron cos outros centros a orixe deste programa,  como se está desenvolvendo e a súa valoración. Ademais do marco curricular no que se encadra: obxectivos, contidos, estándares de aprendizaxe e competencias clave que se traballan con el.

   Para coñecer toda a información e escoitar as emisións destes programas, podedes seguir a etiqueta do noso blogue Coñecendo os nosos concellos ou acceder á presentación que realizamos.

     

   Desde o Equipo de Biblioteca, queremos dar as grazas a todos os compañeiros do cole que están e que xa non están porque eran provisionais pero que traballaron para sacar adiante estes proxectos, ao Concello de Sober pola saída didáctica organizada para coñecer de primeira man os nosos tesouros; á Asesoría de Bibliotecas por contar con esta experiencia e a Dora, unha magnífica compañeira para este proxecto.  

 
 
 

DÍA DA BIBLIOTECA 2019 - VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

   Unha das actividades que nos gusta facer sempre polo Día da Biblioteca é visitar a Biblioteca Pública Municipal do noso concello. Unha visita na que a bibliotecaria, Julia Fernández Garza, nos lembra todas as posibilidades que a BPM nos ofrece.
 
   Ademais este ano puidemos disfrutar da exposición fotográfica Esgrafiados na Ribeira Sacra da man da súa autora Mar López Sotelo.
 
 
 
   Durante a exposición descubrimos que é un esgrafiado e a súa presenza na Ribeira Sacra, incluso en casas cercanas a algúns dos nosos nenos/as.
 
 
 
   Desde o centro queremos agradecer a Julia a organización desta visita e a Mar López que fose a nosa guía porque foi unha maneira estupenda de comezar este curso bibliotecario xa que coñecer o noso patrimonio  para respectalo e coidalo tamén é comezar a traballar no viveiro de cidadanía.
 
  E non queriamos rematar a visita sen felicitar á BPM polo seu aniversario, xa que este ano cumpre 25 anos; por iso, fixémoslle entrega dun agasallo que agora estará a disposición de todos os seus usuarios.
 
 
    Se vós tamén queredes saber que é un esgrafiado e coñecer moitas cousas sobre eles, podedes escoitar a entrevista que Mar López Sotelo nos concedeu en Radiuvín ou acceder ás súas redes sociais.

 
 
 

DÍA DA BIBLIOTECA (24/10/2019)

    O 24 de outubro conmemórase desde 1997 o Día das Bibliotecas por iniciativa da Asociación Española de amigos do Libro Infantil e Xuvenil en recordo da destrución da biblioteca de Sarajevo durante a guerre dos Balcáns "co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe  e recoñecemento ao traballo dos bibliotecarios/as". Tamén da súa función como centros socializadores e integradores poñendo os fondos e recursos a disposición de todos os usuarios. 
 
    Estes obxectivos entroncan co lema das bibliotecas escolares deste ano Biblioteca Escolar: Viveiro de Cidadanía pois as bibliotecas son lugares de encontro coa cultura e lugares de encontro entre lectores de todas as idades o que fai delas un lugar inmellorable para traballar moitos valores necesarios para o desenvolvemento desa cidadanía.
 

    Nesta data, cada ano, un ilustrador/a e un autor/a son os encargados do deseño do cartel e da redacción do pregón.

    O cartel foi deseñado por Miguel Calatayud e o texto "A sen conto" por Gemma Pasqual

 

  Para saber máis sobre esta conmemoración e coñecer o pregón traducido ao galego por Héctor Cajaraville; podedes escoitar o primeiro programa de Radiuvín deste curso con música de Kevin MacLeod "The Descent"  (https://incompetech.com).

BO  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS  A  TODOS!!
 
 
Distribuir contido