Escornabots

MONTANDO UN ESCORNABOT CO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA (18/11/2016)

Faltábanos un escornabot por montar e os nenos e nenas de 3º e 4º foron os encargados de facelo.

Para construílo, fóronse guiando polo vídeo elaborado para o curso de Escornabots. 

Nas seguintes imaxes podedes ver como foi o proceso e o concentrados que estaban:
 
 
 
FUNCIONA!!
 
Pero...hai un problema...o ESCONARBOT  VAI  AO  REVÉS!!
EN VEZ DE IR PARA ADIANTE; VAI PARA ATRÁS!!
 
   Despois dun rato pensando, chegamos á conclusión de que a placa base estaba ao revés. Así que tras desmontar a botoneira e darlle a volta volvemos a probar e... PROBLEMA  SOLUCIONADO!!
 

CURSO: Alfabetización en linguaxes de programación (8/11/2016)

    Dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) que estamos a desenvolver no centro; contamos con Francisco López para coñecer fundamentos básicos de linguaxe informática, robótica, eléctrónica e programación.
   Despois de montar o noso Escornabot, elaboramos un novo taboleiro para poñer en práctica varias propostas didácticas con máis espacio do que tiñamos nun A3
 
Unhas sesións moi fructíferas que os nosos alumnos non tardan en aproveitar!!

PROXECTO MAKER

    Unha actividade que nos pedían no curso escornabots, era buscar e facer un proxecto Maker.

    Eu escollín unha tarxeta con luz que encontrei no blog Ese rincón del corazón de Manoli Picatua porque creo que ten moita aplicación didáctica tanto porque non é moi complicada coma porque se me ocorren bastantes variacións a aplicar na aula.
   Nas seguintes imaxes, móstranse algúns dos pasos que seguín, pero se queres saber todo no enlace final podes acceder ao titorial.
 

ESCORNABOTS BAILANDO A MUÑEIRA (24/10/2017)

    Outra das tarefas do curso de formación sobre Escornabots é acadar que o Escornabot faga unha pequena coreografía.

   Neste minivídeo intentamos que os nosos bailen unha muñeira

OLA MUNDO! (14/10/2016)

  Unha das tarefas do curso de formación sobre Escornabots que estamos facendo por ser elexidos para participar neste programa piloto é programar o Escornabot para que unha das súas luces parpadee como saúdando.

   Aquí podedes ver o saúdo do Escornabot do colexio

https://drive.google.com/open?id=0B1dZpvoiedBaQ1BvRWhTZ3FEWmc

 

MONTAXE DUN ESCORNABOT PASO A PASO (12/09/2016)

Por fin temos un escornabot no centro...e agora qué?

 

  O primeiro será recoñecer e ordear os materiais que chegan e as ferramentas que nos farán falta:

MATERIAIS
 
FERRAMENTAS:
 
 
AGORA  XA  PODEMOS  EMPEZAR!!
SEGUE  OS  ENLACES  E  PODERÁS  MONTALO  CON  FACILIDADE!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Despois de seguir todos estes pasos, deberías ter un
escornabot coma este que se parece ao noso Lectuvín
 
  
 
Por se che queda algunha dúbida, podes ver o seguinte vídeo explicativo

Traballando cos escornabots

    A partir do tema dos ecosistemas traballado na asignatura de Ciencias Naturais; elaboramostarxetas correspondentes a ecosistemas diferentes: un bosque, o mar e o deserto.

   

 

    Con estas tarxetas fixemos dúas propostas:

1) Un neno coloca as tarxetas dun ecosistema no taboleiro e outros dirixen ao escornabot para que pase por todas elas ata chegar ao final:

 

    2) Engadimos tarxetas trampa pertencentes a outros ecosistemas. Os nenos deben dirixir ben ao escornabot para que non pase por elas:

Os ESCORNABOTS chegan a nosa biblioteca

Que é un robot?

Que son os escornabots?

   O primeiro que fixemos foi achegarnos ao mundo da robótica debuxando algúns dos modelos que aparecen no libro Mis robots en pijarama de Michael Leblond (Ed. Kalandraka)

 

   Despois das presentacións empezamos cos exercicios de números que nos propuxeron no curso de Santiago e que aos nenos lles encantaron:

 

ESCORNABOTS

   O noso centro é un dos 20 centros galegos elexidos para participar no proxecto piloto "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR".
 
   Contaremos con 4 escornabots que se poden programar para realizar secuencias de movementos tan complexas como os nenos e nenas sexan capaces de lograr.
 
 
   Ademais de traballar a linguaxe da programación, con este proxecto combinaremos expresión oral, alfabetizacións múltiples, aprendizaxe manipulativo, xogos, investigación e traballo colaborativo
 
   Para empezar con este proxecto, o venres día 13, asistimos a unha sesión en Santiago onde aprendemos moito sobre escornabots: montaxe, propostas didácticas, programación, impresión en 3D.... e puidemos construír o primerio dos catro escornabots que teremos; pero non pensedes que foi unha tarefa doada... nas seguintes imaxes recollemos diferentes momentos do obradoiro de montaxe desde a presentación das pezas ata o escornabot funcionando pasando polo obradoiro de soldadura:
 
 
 
 
 
 

 

 ALGÚNS  ENLACES  DE  INTERESE:
 
 
 
Distribuir contido