As familias contan

AS FAMILIAS CONTAN: Coñecendo outras culturas (19/1/2018)

    Helena, a nai de Uxía, estivo na biblioteca para contarnos como é a vida dos nenos e nenas ingleses en comparación coa nosa.

 
    Falounos dos seus horarios: hora de levantarse, de comer, de cear ou de acostarse.
 
 
   Da súa alimentación: coñecemos produtos típicos como o Marmite ou os seus xeados preferidos que comen durante todo o ano.
 
 
  Do colexio: o camiño (coñecemos a figura da Lollipop Lady), os edificios, a distribución dos cursos, os uniformes...
 
 
    E tamén de que en Inglaterra non teñen a Mari Luz, a nosa cociñeira, e por iso a maioría dos nenos e nenas levan o seu Packed Lunch en vez de comer no comedor escolar.
 
 
A very, very interesting talk!!
Thank you very much!!!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Laura Gómez (15/6/2017)

    Para rematar a actividade As familias contan deste curso, hoxe foi a quenda da familia de Laura Gómez

     Ela e a súa nai Flora (a profesora de música) foron as encargadas de contarnos o libro O oso e o piano de David Litchfield.
  Laura fixo do pequeno oso tocando o piano, mentres Flora leu a historia dun osiño que atopou no bosque algo que non vira nunca: un piano!
 

   Co tempo, o oso aprendeu a tocar e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu fama, fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.

 
 Unha experiencia moi diferente pero tan gratificante
que seguro que repetiremos o próximo ano!

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de PILAR (28/4/2017)

Maite, a nai de Pilar, foi a persoa que hoxe veu voluntariamente a contarnos un conto.

A historia escollida foi un conto clásico: Bambi do libro Tesoro de clásicos.

 


MOITAS  GRAZAS  POLA  TÚA  COLABORACIÓN!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Senén (17/02/2017)

    Nesta xornada de As familias contan, tivemos na biblioteca a Sonia e a Senén que nos contaron o conto: Quen necesita un sombreiro máxico? de M. Jesús Bolta

    Sonia, narrounos a historia de Sabela que ten un sombreiro máxico que fai realidade todos os desexos que lle pide; pero aínda así...non é feliz! 
    
     A través deste conto, puidemos reflexionar sobre a felicidade e a importancia dos amigos:
- Que necesito para ser feliz?  
- Necesito cousas materiais? 
- Podo ser feliz sen moitos xoguetes?
 
 
Moitas grazas aos dous por contarnos esta historia, 
estamos encantados do voso paso pola bibioteca!!
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Herbert e Uxía (27/01/2017)

     Comezamos esta actividade neste curso con Helena, a nai de Herbert e Uxía. Eles contáronnos o conto Dr. Dog de Babette Cole.

  

       É unha historia moi interesante que nos fala sobre unha familia cuns hábitos de vida moi pouco saudables e de como o Dr. Dog ten que axudalos nas enfermidades que estes hábitos lles producen ademais de darlles consellos para melloralos.

Foi un pracer comezar este ano a andadura de As familias contan cunha historia plurilingüe.
Moitas grazas por vir!!

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Senén

     

     Hoxe tivemos na biblioteca a Sonia, á nai de Senén; quen rematou a actividade As familias contan por este curso.

    O conto elexido foi A bruxa enrabechada de Joles Sennell.

 

    Este conto pertence á colección Carteira de valores da Editorial Baía e fálanos da resolución de conflictos de xeito pacífico:

"Sentiraste orgulloso de ti mesmo cando sexas quen de resolver un conflicto cun compañeiro,

unha amiga ou un descoñecido sen usar ningún tipo de violencia. Porque tamén se poden resolver os

problemas e as discusións falando e chegando a un acordo"

 

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Héctor e Darío

   

    Hoxe estivo na biblioteca Noelia, a nai de Héctor e Darío que xunto con eles contounos Te quiero (casi siempre) de Anna LLenas. Este libro invita á comprensión de aquelas cousas que nos fan diferentes e a aceptar a diversidade xa que os seus protagonistas (Lolo e Rita) son moi distintos entre sí... por que unha mesma característica de alguén ás veces nos gusta e outras nos molesta?

    Ademais de contar o conto moi ben, tivemos a sorte de que nolo deixaron como agasallo; así que tanto o conto como Lolo e Rita; xa forman parte da biblioteca de Lectuvín.   MOITAS  GRAZAS!!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Valeria

 
 
 
     Na actividade As familias contan de hoxe, estivo con nós Luis; un amigo da familia de Valeria que nos contou A vaca que puxo un ovo.
 
 
   Os nenos e nenas estiveron moi atentos a esta historia na que unha vaca que quería ser especial; espertou un día poñendo un ovo.
 
 
   Despois de incubalo durante bastantes días, todos estaban expectantes para ver que animal nacería... e que naceu? Pois un poliño que dicía MUUUUUUUU!!!!!
 
 
   Moitas  grazas pola súa colaboración e un forte aplauso para Valeria e para Luis, quen tamén nos deixou unha dedicatoria no noso libro de visitas.

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carlota e Aroa

    As familias contan é unha actividade que empeza a súa andaina este ano para axudarnos na labor de potenciar a lectura como ferramenta fundamental no desenvolvemento da capacidade do noso alumnado. 

    Para nós é moi importante contar coa implicación das familias xa que éstas son o principal punto de apoio no proceso de ensinanza - aprendizaxe.

   A primeira familia voluntaria coa que contamos é a familia de Carlota e Aroa; Gema, a súa nai e Emilia, a súa avoa; son as encargadas de inaugurar esta actividade. 
 
    O primeiro conto foi Croco, a historia dun crocodilo con moooooooita fame.
 
    
 

    O segundo conto tivo como protagonista a un ourizo ao que non lle gusta moito a auga: A Martín no le gusta bañarse
 
 
Antes de marchar, tamén nos deixan unhas verbas para o noso libro de firmas.
  
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN e como vos mesmas decides: 
Cando volvedes??
Distribuir contido