Música
ODAIKO NAS ESCOLAS (XUÑO 2013)
Este venres, todos os nenos e nenas do colexio asistimos ao Concerto Didáctico: Odaiko nas escolas; patrocinado polo Concello de Sober. A este concerto tamén estaban invitados outros centros escolares:
- PAI Sober
- CEIP Monte Baliño (Ferreira de Pantón)
- CEIP Rosalía de Castro (Bóveda)
- CPI Dr. López Suárez (O Saviñao)
- IES Daviña Rey
- Escola de Hostelería de Rosende.
Foi un concerto moi divertido no que os nenos puideron aprender moitas cousas da evolución da música e dos instrumentos de percusión desde a prehistoria ata a actualidade.
Se queres voltar a ver e escoitar o concerto preme nas imaxes:
E se queres ver as imaxes do concerto preme aquí:
Este concerto tamén foi noticia nos periódicos do día seguinte:
ANTIFACES MUSICAIS
Esta é a semana do entroido e a clase de música quere unirse a esta celebración elaborando cos máis cativos uns antifaces musicais.
Os antifaces teñen como protagonista á tuba, un instrumento de vento-metal pouco coñecido que é o máis grave da súa familia.
Se queres saber máis sobre este instrumento preme aquí e se queres escoitalo para saber como soa podes ver este vídeo dun cuarteto musical moi famoso MELTON TUBA QUARTETT interpretando un fragmento da obra Guillermo Tell composta por Rossini. Ademáis neste cuarteto aparece o bombardino, outro instrumento da familia de vento - metal pouco coñecido.
RASCADORES
Cunhas pinzas da roupa, unhas botellas de plástico e un pouco de imaxinación para decoralas, facemos uns rascadores que nos servirán para acompañar pequenas obras na clase de Música.
ÓPERA "LA CENICIENTA"
Os nenos de 2º e 3º ciclo acudiron, xunto a varios centenares de nenos de toda Galicia, ao Auditorio de Santiago de Compostela para gozar da ópera La Cenicienta (Rossini) nunha divertida versión adaptada da compañía Els Comediants.
Despois da ópera, aproveitamos para visitar a exposición fotográfica do cubano Alberto Korda
Deixamos o Auditorio para comer uns apetitosos bocadillos e xogar un pouco antes de voltar a Sober.
HOME ORQUESTRA
Hoxe tivemos no colexio a actuación de Cé Orquestra Pantasma.
Este home orquestra é un vigués que se chama César Freiría. Se mirades as fotos veredes o ben que o pasamos no colexio coa súa actuación: cancións, baile, mímica...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
