Música
CONCERTO BENÉFICO - NADAL 2016
Como cada ano, o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; participa no festival benéfico que se organiza no Centro Sociocultural de Sober en colaboración coa Banda de Música, a Escola de Música, a Banda Xuvenil e o Coro Berea.
A continuación, deixámosvos o vídeo da actuación de este ano; na que os nenos e nenas cantan un popurrí de panxoliñas populares coa Banda de Música, o Coro Berea e alumnos da Escola de Música.
XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP A GÁNDARA E ACTUACIÓN CORO BEREA (17/11/16)
Hoxe tivemos unha visita especial: os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP A Gándara coas súas profes.
Viñan de visitar a Rectoral de Gundivós na que Elías lles explicou os segredos da olería e a Escola de Hostelería de Rosende.
Foi un xantar moi divertido no que se puideron coñecer e compartir momentos de xogo.
Despois do xantar, para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa da música; todos asistimos a un concerto do Coro Berea onde o pasamos de marabilla.
Desde aquí queremos agradecerlle a todos os seus membros así como á súa directora esta actuación desinteresada.
Outros vídeos:
Antes de dar por rematada esta convivencia, foi tempo para o intercambio de agasallos entre as bibliotecas.
O noso alumnado tiña preparado uns marcapáxinas conmemorativos desta data:
E os nenos e nenas de A Gándara trouxéronnos varios xoguetes elaborados con materiais de refugallo e uns libros nos que nos falan sobre eles.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!
ESTAMOS DESEXANDO QUE SE REPITA, pero mentras tanto
podes recordar todas as imaxes deste día no seguinte enlace
ANIMACIÓN Á LECTURA
Enviado por floragrande o Mar, 05/05/2015 - 13:37ESTA ACTIVIDADE TIVO QUE CAMBIAR DE DATA POR MOTIVOS ALLEOS A NÓS.
A NOVA DATA É O MÉRCORES 13.
Héctor Lorenzo, músico e compositor compostelán aínda que afincado en Ourense; será o protagonista desta sesión na que os nenos poderán achegarse ao encanto da poesía cun espectáculo poético - musical. A continuación vos deixamos un dos seus poemas musicados
A serra de papá
ris ras ris ras
é a serra de papá
ras ris ras ris
a que fai este ruído
ris ras ris ras
cando cantan pola mañá
ras ris ras ris
os paxaros no seu niño
ris ras ris ras
porque o sol se levantou
ras ris ras ris
cun sorriso no fociño.
CONCERTO DIDÁCTICO: Escola Municipal de Música de Sober
Enviado por floragrande o Mar, 05/05/2015 - 12:14CHEGA O ENTROIDO A CLASE DE INFANTIL
Comezamos a semana de entroido na clase de infantil e que mellor para comezar que...
uns bonitos antifaces?
e unha alegre canción?
CONCERTO DIDÁCTICO SANTA CECILIA - 2014: O ACORDEÓN
Para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, imos a celebrar no colexio un concerto didáctico sobre o acordeón; para o que contaremos coa presenza da acordeonista Andrea Grande Rodríguez que conta cunha larga traxectoría neste instumento participando en certames nacionais e internacionais, na gravación de varios discos e gañadora do 1º Premio do XXXVII Certame Nacional de Acordeón.
Ela foi a encargada de explicarlle aos nenos e nenas todo o referido a este instrumento: historia, funcionamento, partes principais... e de respostar as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron.
Despois foi o momento de que o alumnado puidera tocar este instrumento... haberá entre eles algún futuro acordeonista?
E mentres uns tocaban, outros coloreaban uns acordeóns que quedaron moi fermosos
Aquí vos deixamos un vídeo resumen deste concerto para que poidades disfrutar tanto coma nós
Para ver todas as imaxes deste concerto preme aquí: GALERÍA DE IMAXES
A continuación podes encontrar moita información sobre o acordeón. Cando creas que sabes o necesario fai click no seguinte enlace para que poidas realizar un test on-line. Serás quen de superalo?
O ACORDEÓN
O acordeón é un instrumento de vento formado por fol, teclado, baixos e dúas caixas armónicas de madeira.
A historia do acordeón é curta pero rápida e intensa, quen rexistrou este instrumento como acordión en 1829, foi un austríaco; pero parece que o primeiro que inventou un instrumento como este foi o emperador chinés Nyu-Kwa, 3000 anos antes de Cristo; ou sexa, fai uns 5000 anos.
PARTES PRINCIPAIS:
- Fol: é a parte máis característica do acordeón; con él movemos o aire e regulamos a intensidade do son.
O fol está protexido por cantoneiras metálicas e bandas de protección para protexer as unións e evitar que haxa fugas de aire.
- Teclado: tócase coa man dereita e é similar ao teclado dun piano; o único que varía é o número de teclas.
As teclas comunícanse respectivamente con palancas que moven unhas tapas de madeira. Ao presionar unha tecla, a tapa de madeira ábrese e deixa pasar o aire producindo o son desexado.
Hay acordeóns chamados de botóns porque en vez de teclas teñen botóns para producir o son.
- Baixos: é o conxunto de botóns que se tocan coa mano esquerda. Os acordeóns poden ter 12, 48, 72, 80 o 120 baixos. Serven para dar acordes e acompañar a melodía.
O botón que ocupa a posición central é o Do, é fácil de recoñecer por ser un poco distinto aos outros.
- Voces: Unha característica esencial de todo acordeón é o número de voces. Cada tecla ou botón pode facer vibrar máis dunha lingüeta de metal ao UNÍSONO producindo un acorde. O acordeón terá un número de voces concreto para o teclado (chamadas voces cantables) e outro número de voces para os baixos.
- Rexistros: serven para activar ou desactivar as voces de xeito que o músico pode tocar con só unha voz, con dúas, con todas, ou facer combinacións entre elas para obter sons distintos.
Os rexistros levan uns puntos que indican qué voces activan:
Un rexistro que active tres voces tería impresos uns símbolos semellantes a:
Un rexistro que active dúas voces, a central e a aguda:
Un rexistro que active só as graves:
A LINGUA A P(L)ACER
No marco das actividades realizadas para conmemorar o Día do Libro contamos no centro coa compañía de teatro infantil 'A trastenda dos contos' que representou 'A lingua a p(l)hacer'.
Esta actividade chega dende o ciclo Cultura no Camiño, que patrocina nun 50% a Xunta de Galicia a través do AGADIC, e no outro 50 % o Concello de Sober.
Nesta actividade, Caxoto, o gran director da Orquestra Poli-afónica de Santiago de Con-pistolas contounos a historia de Sabela; unha nena que quería aprender a tocar un instrumento pero non sabía cal. A través desta nena e deste conto; puidemos coñecer moitos instrumentos musicais.
Esta actividade, foi noticia nos xornais da nosa comarca:
A VOZ DE GALICIA:
O PROGRESO
A continuación podedes ver varios momentos desta sesión nos seguintes vídeos:
1. A orquestra poli-afónica formada polos nosos nenos:
2. A saia da Carolina interpretada con diferentes instrumentos:
- O birimbao:
- A ocarina:
- A frauta de nariz
3. Aquí tedes un par de vídeos sobre as castañolas:
4. Escoitamos un novo instrumento: a gaita
Máis vídeos estarán dispoñibles proximamente
CANTOS ANIMALES - Susa Herrera
Achégase o día do libro, e para celebralo teremos varias actividades na biblioteca.
A primeira é a presentación do libro "Cantos animales" de Susa Herrera.
Tivemos a sorte de contar nesta presentación coa presenza da autora á que os nosos nenos e nenas puideron preguntar todo o que quixeron. Ademais ela ensinounos algunhas das cancións que compuxo para este libro de animais.
Ao final da sesión Susa Herrera adicounos os seus libros.
A súa visita foi recollida no xornal O Progreso do día 23/04/14
Se queredes comprobar o ben que o pasamos e recordar as cancións aprendidas, podedes ver os seguintes vídeos:
O CROCODILO
O GATIÑO
THE PONY
O ELEFANTE
A XOANIÑA
O OSO PANDA
O CANGREXO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
Hoxe 22 de novembro é Santa Cecilia, patroa dos músicos. Para conmmemorar esta data asistimos a un concerto didáctico de piano.
Neste concerto, aprendemos moitas cousas sobre o piano e a súa historia que queremos compartir con vós:
- O piano tal como o coñecemos hoxe en día foi inventado máis ou menos no ano 1700 por Cristofori. O estilo musical correspondente a aqueles anos era o Barroco.
- É un instrumento de corda percutida que consta aproximadamente de 88 teclas (36 negras e 52 brancas) e de 170 cordas de metal.
- As cordas percútense a través dun mecanismo que se acciona ao tocar as teclas. Este mecanismo consta de dúas partes: unha é a que acciona os macillos que golpean as cordas e outra retira os apagadores que impiden que as cordas vibren.
- O piano consta con tres pedais:
1. Celesta: é o pedal da esquerda, ao pulsalo o sonido é máis suave xa que acerca os macillos ás cordas.
2. Sordina ou pedal de estudio: é o pedal central. Ao accionalo, baixa unha tela de fieltro entre as cordas e os macillos para conseguir un sonido moi suave.
3. Pedal de resonancia: é o pedal da dereita. Retira todos os apagadores para que as cordas poidan soar libremente.
Ademais tódolos alumnos puidemos converternos en aprendices de pianistas por un ratiño:
