Música

MOZART E BEETHOVEN

   As tarefas de música desta semana están relacionadas con dous dos compositores máis importantes da historia da música:

WOLFGANG  AMADEUS  MOZART  e  LUDWIG  VAN  BEETHOVEN

 

    A continuación, déixovos uns vídeos para que recordedes as súas biografías.

 

 

ACTIVIDADES  PARA  PRIMARIA

(O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º NON ten que facer a actividade rodeada de vermello)

  

 

    Por último, deixo este vídeo para que tanto o alumnado de INFANTIL  coma o de  PRIMARIA practiquedes percusión corporal coa "Marcha Turca" e cando vos saia ben, se queredes, podedes enviarmo coma sempre ao correo floragrande@gmail.com.

ACTIVIDADES DE MÚSICA: FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

    Esta semana en Música repasaremos as FAMILIAS DE INSTRUMENTOS.
 
 
Acordádesvos delas?
 
Son 3: corda, vento e percusión.
 
 
   Nos seguintes enlaces atoparedes xogos interactivos para que as practiquedes e as repasedes.
 
Son xogos sinxelos que podedes facer tod@s.
 
Espero que o pasades ben ao tempo que as traballades!!
 
   
 
       
     
 
Ademais como tarefa para esta semana, deberedes construír un instrumento caseiro con materias que teñades por casa. 
 
Para que vos inspiredes déixovos uns enlaces dos que podedes sacar ideas.
 
Cando os teñades mandade unha foto ou un vídeo tocando ou cantando á dirección floragrande@gmail.com
 
 

ACTIVIDADES DE REPASO: NOTAS E ALTURA

Esta semana faremos exercicios de repaso das NOTAS e a ALTURA  DO  SON.

 

A continuación déixovos diferentes xogos cada un deles con diferentes niveis, para que poidades practicar cada un ao voso nivel; pero antes de comezar... repasade as notas un pouco!

 

https://aprendomusica.com/const2/16aprendonotasnivel2/aprendonotasnivel2.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/40aprendonotas6/aprendonotas6.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/aprendonotasnivel3.html

 

https://aprendomusica.com/const2/exp/index.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/27aprendonotas8/aprendonotas8.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html

 

https://aprendomusica.com/const2/32memorynotas1/memorynotas1.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/33memorynotas2/memorynotas2.html

 

 Para o alumnado de infantil deixo unha das cancións que utilizamos

na clase para cantar a escala musical.

 

ACTIVIDADES DE REPASO: RITMO

   A continuación déixovos uns enlaces a diferentes actividades para repasar a parte de música relacionada co RITMO.

     Nos xogos hai diferentes niveis para que poidades escoller cada un o voso.

   

 

 

Se vos animades, practicade os vídeos e mandádeos ao correo da biblioteca para ver que ben o estades facendo:
 

TROUPELEAR: Obradoiro de cantigas de Nadal e Reis - ANPA (4/12/2019)

    Troupelear: un pouco de cantar, bailar, tocar e xogar!!

    Iso foi o que fixemos hoxe da man de Branca Villares e Pablo Pintor, mestres de música que viñeron ao colexio a compartir con nós un Obradoiro de Cantigas de Nadal e Reis, organizado pola ANPA a través da FAPACEL (Federación de ANPAs de Lugo).

   Acompañados por instrumentos tradicionais galegos como a gaita, a zanfona, a pandereita, o pandeiro cadrado e, por suposto, as súas voces; eles fixeron un obradoiro moi participativo no que cantamos e xesticulamos diferentes panxoliñas como podedes ver nos seguintes vídeos:

        Ademais tamén houbo tempo para aprender uns pasos de muiñeira que acabamos bailando en dous grandes grupos:


 

 MOITAS  GRAZAS  A  ANPA  POLA  ORGANIZACIÓN  DESTA  ACTIVIDADE,

PODEMOS  REPETIR  CANDO  QUEIRADES!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

SEMANA DA MÚSICA 2019: A PERCUSIÓN

  Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por sétimo ano consecutivo a Semana da Música. 
 
    Durante toda a semana, celebrouse un certame na biblioteca no que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de  instrumentos aos que se lle adicou este ano a semana musical: A  PERCUSIÓN.
 
   Para rematar as actividades, tivemos no centro a José Luís García, Profesor Superior de Percusión no Conservatorio Meste Ibáñez.
 
   El ensinounos moitas cousas sobre estes instrumentos e puidemos coñecer de cerca varios membros da familia. Comezamos coa caixa, nunha interpretación na que descubrimos as súas posibilidades sonoras xa que non só a tocou coas baquetas como estamos acostumados a oíla senón que tamén o fixo cos dedos e as unllas!!
 
   Continuamos coa Marimba, quizáis un dos instrumentos de percusión de altura determinada máis coñecidos. Para presentala, ademais de escoitar ao noso convidado, desfrutamos tamén dun dúo coa nosa alumna Laura.
 
   Outros instrumentos que xa coñeciamos no cole pero que José Luís nos presentou de forma máis profesional foron os instrumentos de pequena percusión: güiro, maracas, pandeireta, claves....
 
   E tamén aprendemos a diferenza entre caixa, tambor e tamboril que aínda que parecen semellantes son diferentes.

    Outra cousa que aprendemos hoxe foron os diferentes tipos de baquetas que existen dependendo do instrumento que vaiamos a tocar ou dos efectos que queiramos acadar.

 

   Para rematar o concerto non podía faltar a batería, o instrumento que máis lles chama atención aos nenos e nenas e co que o pasaron xenial!

 
 
  Ao finalizar o concerto, José Luís entregou os premios ao alumnado gañador do certame de investigación, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324)e tamén lle entregamos a el  unha peza de alfarería de Gundivós para agradecerlle a súa presenza neste concerto didáctico.
 
 
 
   E non podíamos dar por rematada esta actividade sen que o noso convidado pasara polos estudos de Radiuvín para compartir cos seus alumnos Laura e Darío unha entrevista que podedes escoitar no seguinte podcast. Ademais outra razón pola que tiña que pasar por Radiuvín é que varias das sintonías da nosa emisora (como a de Sobericias) son da súa autoría.
 
 
 
E  AGORA,  SE  QUEREDES  VER  MÁIS  MOMENTOS  DESTA  ACTIVIDADE,
PODEDES  FACELO  PREMENDO  NA  GALERÍA  DE  IMAXES.
 
FELIZ  DÍA  DE  SANTA  ICÍA!!!
 

CONCERTO DIDÁCTICO (31/5/2019)

    O noso alumnado xunto co alumnado do CEIP Monte Baliño de Pantón, do CEIP A Gándara de Monforte e do PAI de Sober; aistiu ao concerto didáctico organizado pola Banda de Música de Sober, as Escolas Municipais de Música e Teatro e o Coro Berea.
 
 

    Neste concerto disfrutamos dunha adaptación do conto musical La vía de los sueños de Josu Elberdin e ao rematar, varios mestres e alumnos convertéronse momentaneamente en directores da banda.

 

    Tras o concerto, Ruth González (directora do Coro Berea) e Miguel Franqueiro (director da Banda de Música de Sober) acudiron aos nosos estudios de Radiuvín para falar sobre varios aspectos organizativos e musicais do evento así como das súas experiencias musicais e levaron como agasallo un punto de lectura de Lectuvín e unha clave de sol impresas coa nosa impresora 3D.

   Esta actividade tamén foi recollida pola prensa local:
El Progreso

La Voz de Galicia

SEMANA DA MÚSICA: A FRAUTA TRAVESEIRA (28/11/2018)

    Con motivo de Santa Icía, patroa da música, que se celebra o 22 de novembro convocamos por sexto ano consecutivo a Semana da Música.
 
    Durante toda a semana, celebrouse un concurso na biblioteca na que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre o instrumento ao que se lle adicou este ano a semana musical: A FRAUTA  TRAVESEIRA.
 
   Para rematar as actividades, tivemos no centro a Ruth González, profesora de frauta da Escola Municipal de Música de Sober e directora do coro Berea.
 

   Ela ensinounos moitas cousas sobre este instrumento: as súas partes, a súa historia, as cualidades do seu son, diferentes tipos de frautas... e, sobre todo, agasallounos coa súa interpretación de varias obras; unda delas a dúo coa nosa alumna Uxía que tamén é alumna súa na Escola de Música.

 
   Ao finalizar o concerto, entregámoslle a Ruth unha peza de alfarería de Gundivós para agradecerlle a súa presenza e ela entregou os premios ao alumnado gañador do concurso, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324).
 
    E non podíamos rematar a actividade sen que a frautista invitada pasara polo noso estudo de Radiuvín.
 

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO CON SUSO VAAMONDE E DOCE INSTRUMENTOS POPULARES (6/6/2018)

    Hoxe asistimos ao concerto didáctico organizado pola Escola de Música de Sober coa Banda Municipal, o coro Berea e a presenza de Suso Vaamonde que é Profesor Superior de Gaita, licenciado en Diloloxía Clásica e mestre de instrumentos populares en varias escolas e Asociacións.
 
    Neste concerto puidemos aprender moitas cousas sobre instrumentos tradicionais coñecidos coma a pandeireta, o acordeón ou a gaita; e outros menos coñecidos como a trompa ou birimbao, a zanfona, as tarrañolas, o asubío...
 
   Foi un concerto moi divertido no que non paramos de apreder, dar palmas e cantar como na imaxe da fotografía na que os nenos e nenas do cole, subiron ao escenario a cantar "Se chove" coa Banda, a coral e Suso Vaamonde tocando o asubío.
 
  
 

  Ao rematar Laura Rodríguez, que é a directora da Escola de Música, e Suso Vaamonde; achegáronse aos nosos estudios de radio para que Laura e Uxía lles fixeran a interesantísima entrevista que podedes ouvir no seguinte enlace.

 
MOITAS   GRAZAS   POR  VIR   A  RADIUVÍN!!

   O día rematou cun xantar de convivencia co alumnado e os profesores do colexio Rosalía de Castro de Bóveda. MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  AO  NOSO  COLE!!!

XOGOS EDUCACIÓN MUSICAL

 
 
AQUÍ  TEDES  ALGÚNS  XOGOS  DE  MÚSICA  PARA  PASAR  UN  RATO  DIVERTIDO  MENTRES  PRACTICADES  ALGÚNS  DOS  CONTIDOS  DA  CLASE  DE  MÚSICA.
 
A  XOGAR!!!!

 

 EXPLORADORES SONOROS

 

 CONSELLO PARA TOCAR A FRAUTA

cmaps


 

 CARABELA MUSICAL


 

 O MERCADO


 

 OS PEQUENOS MÚSICOS



 A FRAUTA

apren.jpg

 INSTRUMENTOS MUSICAIS

instru.jpg

 PRIMARTIS

image18b.jpg

 A BANDA DE AMIGUETES

image35.jpg

Distribuir contido